A corporación municipal do Concello de Tui celebrou onte xoves pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. Este é o audio correspondente a esa sesión.
https://t.co/DQNugydCp2
Hoxe continuamos a rolda de conversas sobre o pleno extraordinario do pasado mes de outubro con Nico Montes o voceiro do PP de Tui.
Ivoox https://t.co/ErW8AWRloF
En Noticias 13.30 h coñecemos o labor que continúan a realizar as ONG's e os equipos de emerxencia naszonas afectadas pola DINA. Hai tamén outras novas do día tempo de información.
https://t.co/uvC9zs6XCj
Unha mirada reflexiva e delicada sobre a demencia é a aborda Elefante Elegante en "Kyoki", a obra teatral que mañá venres, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui. Falamos da mesma con María Torres.
https://t.co/aS1T7cMhnj
Así foi programa especial #DíaaDía de recoñecemento a @joseafont que o pasado xoves 24 de outubro realizamos dende o Teatro Municipal de #Tui.
https://t.co/JWzKQl8Rko
O único acertante da combinación gañadora do sorteo da Bonoloto do día de onte selou o seu boleto en Tui. Foi en concreto no despacho receptor 86.180 situado na Avenida de Portugal. Lévase un premio de 778.935,81€.
Combinación gañadora 2,6, 7, 11, 28 e 38 C 18 R 7
Estas son as citas que esta fin de semana temos en #Tui. O MUMI, as festa das Dores en Guillarei, o X Torneo de Tenis da Eurocidade e o Setembro Xudeu.
Abrimos Noticias 13.30 h coa programación do @Mumi_musica que se celebra na Eurocidade Tui-Valença. A visita guiada e a ruta de tapas do Setembro Xudeu, a rodaxe da película "Rondallas", as citas da fin de semana e o deporte completan este tempo.
https://t.co/F0j5OAdBET
Mañá ás 21 h na praza do Seixo, en #Tomiño, celebrarase o Acto Cívico do Alivio no que será homenaxeada Hortensia Expósito Martínez 'Tena'. Con ela falamos esta mañá no programa Día a Día xunto coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González https://t.co/gjTtPayj18
Hai tres anos e medio abriu en Tui Escoita Tui. Coñecemos os servizos que oferta este establecemento con Ana Castaño no tempo do Espazo Comercio que realizamos con ACITUI.
https://t.co/tbHRAmWKHz
O piloto tudense de karting Saúl Vaz, de 15 anos, que esta temporada competiu xa en categoría absoluta, participará do 20 ao 22 de setembro no Campionato de España de Karting. Falamos da temporada con el, con Jesús Vaz, e Miguel Peiró, o seu adestrador. https://t.co/O8ajKzcpEp
Hoxe venres, ás 20.30 h, celebrarase no Liceo Casino o Seminario " Conecta Tui, reconectando ACITUI".
Deste evento falamos con Iván Carral, presidente de Acitui Asociación de Comerciantes e industriais Tui.
https://t.co/TVt3FcVZkS
"Boas Vibes" é o título do programa para a promoción da igualdade que a próxima semana se vai desenvolver en Tui dirixida á mocidade.
Falamos do programa con Ana Núñez, concelleira de Igualdade, e Paula Cabaleiro, comisaria da actividade.
https://t.co/ZyYT36zNHM
Co pregón a cargo do tudense Lino Martínez, Campión do Mundo de Judo, e o acendido do alumeado hoxe comezan as festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei. Até o próximo luns concertos e verbenas centrarán o programa festivo.
https://t.co/J4uFFaKRSy
Máis de 2.300 alumnos/as iniciaron o curso escolar en Tui. Repasamos as cifras de matriculación nas distintas etapas educativas no Baixo Miño. Amais en Noticias 13.30 h recollemos o inicio do MUMI e outras novas.
https://t.co/5tA6bbGF8P
Comeza nova temporada de adestramentos no Club Atletismo Tui. Será o próximo xoves, 12 de setembro na Macoca. Laura Solla, vicepresidenta, e Gustavo Rodríguez, adestrador, faláronnos da xornada de portas abertas, e do club.
https://t.co/AvTf4Y8G2S
O Tyde celebra asemblea este venres ás 20 h, primeira convocatoria, e ás 20.30 h no Seminario Menor de Tui. Na orde do día figuran sete puntos. Da mesma falamos con David Domínguez, presidente do Tyde.
https://t.co/I3INANV01w
Hai tres anos nacía na Asociación Cultural Sta Columba de Ribadelouro - Tui o grupo de pandereteiras "As Pituquiñas" formado por Carla, Noa, Andrea, Anais, e Lara Naiara e Lucía. Recibímolas no programa Día a Día xunto a súa profesora Auri Rodríguez.
https://t.co/nStlbQ34q3