Somos alumnxs da Universidade da Coruña que estamos a organizar un referéndum para que a comunidade universitaria se exprese sobre a forma do Estado. Súmate
Comeza o 2019 e semella que xa é hora de que remate a monarquía. Este ano dende as universidades galegas pedimos aos reis a abolición da monarquía e a apertura de procesos constituíntes. Carbón ao Borbón! #NadalRepublicano
A imposición da monarquía por un sistema podre que afoga ás maiorías sociais nunca poderá ser democracia. Esiximos que os pobos das nacións do Estado poidan elixir! #NadalRepublicano
Vergoña lle tiña que dar a este home dar un discurso nestas datas e falar de democracia e valores cando o réxime do 78 nos demostra cada vez máis o podre que está. #NadalRepublicano