Canguro con logo bordado, dispoñible baixo pre-reserva.
Para encargos e calquer dúbida, contacta con nós ao mail [email protected] ou vía mensaxe directa.
As peñas ourensanistas convocamos a toda a afección na Ponte do Burgo ás 15:30h para ir conxuntamente a Pasarón.
A por outro inesquecible desprazamento!
📢 COMUNICADO DE FENDE TESTAS
Fronte á represión policial que estamos a sufrir, denunciamos as cargas en San Lázaro e as sancións contra membros do noso grupo.
Forza Fende Testas!
🩵 Hoxe despedimos a un dos nosos. Un compañeiro que medrou nas bancadas ao noso carón e co que compartimos anos de partidos, viaxes e recordos.
⚔️ Sempre formarás parte da nosa historia e desta familia. Seguiremos lembrándote en cada arrasadeira.
VOA ALTO, CRIS!
TDB
🧨 Semella que foi onte, mais esta tola aventura deu comezo hai dez anos!
✊🏻 Construímos unha idea con humildade e esforzo. Percorrimos este camiño con ledicia e paixón.
⚔️ Sempre ao carón do Celta e da nosa Terra, por outra década libres, independentes e rebeldes!
2016 - 2026
📣 Xa son 𝟏𝟎𝟎 𝐀𝐁𝐎𝐍𝐀𝐃𝐎𝐒 na nova grada do Fondo de Animación!
Seguimos medrando na primeira tempada na que habilitamos este sector para todos vós.
🪪 Fai o teu carnet en https://t.co/cBiQ2k4xEt
Parabéns á SD Compostela e á súa afección, e en especial aos nosos amigos de Fende Testas!
Agardamos coincidir na Primeira na tempada 27/28.
Forza Compos!