👉👉Cando se interrompeu a transmisión do galego na familia? E por que se produciu? Afondaremos nisto na 2ª xornada de Malas linguas, centrada en lingua e memoria. O 29 de novembro na Deputación da Coruña. Máis información e inscrición: https://t.co/jqUhO4d6Ya
Fermosa, emotiva, merecida, xusta e de xustiza.
Un pracer, un deber, unha honra estar hoxe na gala Ferrol Rebelde nun Jofre ateigado condensando un seculo da (nosa) historia obreira con @Rexenerando@ezetaerre#dereitoacoñecer#deberecordar
@Jorge_Suarez_F @alvaromcferrol
Dende hoxe xa podedes retirar de balde na taquilla do Teatro Jofre as entradas para a gala #FerrolRebelde "Dereito a coñecer, deber de recordar".
Algúns medios e portais xa comezaron a facerse eco dela. Vindes?
https://t.co/MQY9Zo2SYn
O edil de Participación @alvaromcferrol presentou a gala "Ferrol Rebelde: Dereito a coñecer, deber de recordar" (xoves 15, 20:00 h, Jofre) no que se estreará un documental. Non faltará a música con Manuela María e Ezetaerre. Entrada de balde.
+info: https://t.co/AlGxKrx2G7
César Fernández, coordinador e docente no Curso básico de Facilitación de Grupos, explica en que consiste o curso e por que é transformadora a #Facilitación nos grupos dos que formamos parte: https://t.co/6EGlTufxZf
Máis info do curso aquí: https://t.co/ghkWaAHq6g
Rematamos a pasada semana cunha nova marabillosa: UNICEF premiou o CEIP Sanjurjo de Carricarte polo proxecto O Noso Patio, no que participamos como equipo de mediación. Orgullosas do que se fai neste centro para que as crianzas medren nun lugar mellor!
https://t.co/2XhcIzZVNi
Entramos xa na última semana de prazo para inscribirse no Curso básico de #Facilitación, o único organizado polo @facilitaiiface en Galiza neste ano e que se celebrará en Vigo. Non deixedes pasar a oportunidade! 😉
+ info: https://t.co/ViYA0fkeni
#formacion#ofertaformativa
As xornadas #MalasLinguas de @DACCultura abren o debate sobre como gañar falantes de galego
O programa continuará o 29 de novembro na Coruña, para trazar o camiño de represión lingüística que nos trouxo até hoxe.
Os recordos de cada persoa son os fíos que compoñen a tea da memoria colectiva. Volvemos co programa "Memoria dun Século", nesta ocasión na parroquia de Soaserra, Cabanas. Quedan prazas! + info e reservas no 698157414
Estes días andamos a darlle o último empurrón á formación 'Do conflito ao soño'. Porque sabemos que este curso pode axudarche a superar os retos do día a día na aula e a coller con forza os meses que veñen por diante!
https://t.co/8LT3pMmUko
#formación#docentes#facilitacion
Este sábado estaremos en Allariz, no III Foro Labrego de Agroecoloxía, que organiza o @SLG_labregxs. Participaremos nel cun obradoiro sobre ‘Chaves para o traballo colectivo’.
Vémonos alí!
https://t.co/1p5rGYpDYv
Comezamos unha colaboración coa ferrolá @lealibreriacafe, con quen organizamos un obradoiro de escrita creativa, dirixido especialmente a mulleres. Empezamos o 24 de outubro! Quen se anima?
+info: [email protected] / 698 157 414
O xoves pasado quedou oficialmente inaugurado o noso fogarciño ferrolá. Moitas grazas a todas as persoas que se achegaron a celebrar con nós. E para as que non viñestes... agora xa non hai excusa para vir de visita! 😉
https://t.co/RojHyHaxf6
O próximo luns remata o prazo para inscribirse. Apurade se non queredes quedar fóra!
Nós estamos desexosas de que 'Do conflito ao soño' se faga realidade! :)
https://t.co/JNxZCi4DkL
#ofertaformativa#traballodeprocesos#docentes#profesorado