TERCEIRA DE VETERANOS DA CORUÑA
Rematada a sexta xornada de competición, os nosos veteranos colócanse na metade da táboa, á espera de recibir o vindeiro domingo a un dos equipos máis potentes da liga: o Campanal de Loureda, mítico club do municipio de Arteixo.
Co Samaín camiñamos cara o inverno. Celebrámolo lembrando a todos e todas as que foron e posibilitaron que sexamos. Por iso, traemos unha foto de extraodinario valor histórico:
Adro de Rodís (aprox.1966). Misa de Santo Antón polos animais domésticos. Autor: Gustav Henningsen.
⚽️LIGA DE VETERANOS
🎉RODÍS FC 1 - SAN MARTIÑO 0
O derbi tivo tres cores 🟥◻️◼️. Partidazo dos nosos, que lograron uns merecidos tres puntos.
P.S: A primeira vitoria da tempada dedicámoslla a tres dos nosos: Pablo e Sonia (e Valentina), que este sábado celebran a vida!☀️🎊
LIGA DE VETERANOS
Os nosos patróns encetan este domingo (ás 10:00 horas) a súa terceira tempada en competición federada. Irán ata Culleredo para medirse co Olímpico de Rutis. Sorte!
⏱Conta atrás para unha nova tempada dos nosos vellos na Terceira División de Veteranos das Mariñas. Grupo moi duro con 18 equipos procedentes de dez concellos da zona: A Coruña, Arteixo, Cambre, Sada, Oleiros, A Laracha, Coirós, Valdoviño, Culleredo e Cerceda. Sorte!
Este mércores, ás 21:00 horas, os nosos veteranos comezan a pretempada cun amigable fronte a @SdTordoia, unha entidade á que sempre lle agradeceremos o ternos cedido o seu campo na nosa primeira tempada como federados
En agradecemento á súa axuda constante e desinteresada, a Xunta Directiva do Rodís FC acordou por unanimidade facer entrega dun Carballo de Honra a Xesús Manuel Pallas Dubra, "Suso da Casaghrande", histórico xogador e ex directivo da nosa entidade.
🎉CARME PEQUENO 2022. LONG VERMÚ SESSION 🔴⚪️⚫️
Bloqueade as axendas para o primeiro domingo de setembro, hai cita en RODÍS. Empezamos a pretempada celebrándoo coa veciñanza e con todas as persoas que nos queirades acompañar.
Parabéns á peña deportivista da Tablilla que cumpre nada menos que 20 anos sendo referencia branquiazul na zona. Na foto que publica hoxe o DxT Campeón vemos moito corazón 🔴⚫️. Haberá algunha unha conexión oculta entre O Agro e Riazor? https://t.co/BczX0Kg8Ls
👋Despedimos esta serie de posts do Memorial Xesús Martínez Becerra, con este pequeno vídeo destes marabillosos gaiteiros da Cima de Rodís (Regueiro do Brazal e seu curmán Regueiro de Gosende) ensaiando antes do acto. Sodes da tribo dos bos e xenerosos. Grazas, de corazón❤️🖤!
POR UN AGRO VIVO🌳🏃♀️🏃
Para lembrar a importancia de non perdermos as raíces este ano o Rodís FC entregou medio cento de carballos a lendas e colaboradores do club. Cristina, muller de Suso e sempre no noso equipo, recibiu o primeiro deles.
O Rodís FC fixo este sábado a súa presentación en sociedade volvendo á casa. Foi unha xornada emocionante e festiva que reuniu diversas xeracións de futbolistas e que rematou cun xantar no que participaron máis de 300 persoas e coa entrega de medio cento de plantas de carballo.
AMPLÍAMOS PRAZO PARA RETIRAR TICKETS
Debido á alta demanda de entradas para o Xantar do vindeiro sábado (despacháronse xa máis de 200), ampliouse a compra ata o mediodía deste xoves. As persoas que queiran retirar o seu pase neste prazo deberán facelo en Casa Xusto (A Tablilla)
Deixámosvos a información que publica hoxe La Voz de Galicia sobre o Memorial Xesús Martínez e o Xantar Popular do 6 de agosto. Lembrade que o prazo para retirar os tilckets da comida remata mañá domingo.
https://t.co/zSz7RIBi7m
⏰ÚLTIMOS DÍAS PARA A RETIRADA DE TICKETS
Este domingo remata o prazo para retirar os tickets do I Xantar Popular. Os pases están en Casa Xusto (A Tablilla), Cafetería Golán (A Tablilla), Bar de Elena (A Tablilla), Taberna de María (O Adro) e Cafetería Ginebra (A Silva).