A inclusión educativa precisa novos pasos. Levamos treito percorrido, pero hai camiño por andar
A iso imos destinar desde setembro o Plan de atención á diversidade pactado cos sindicatos e que presentamos a medio centenar de colectivos dedicados acotío a este necesario labor
Monte Castrove ateigado, unha imaxe que representa á perfección o bo facer de Ángel Moldes en Poio.
A xuntanza do @ppdepoio que non fai máis que superarse ano tras ano. Porque é o noso: a unión e o compromiso deste partido!
Parabéns, alcalde! Toca seguir! 💙
Ir da man de Valentín Calvín é sinónimo de victoria. Tamén neste futbolín feito polo alumnado. Por algo inventouno un coruñés
Un pracer ir esta semana ata Ortigueira, botar unhas partidas e comprobar o talento dos centros da comarca na II Feira Científico Tecnolóxica do Ortegal
Enorme nivel na I Liga Escolar de Debate!
O premio vai para o IES Saturnino Montojo de Ferrol, pero abofé que todos podían ser campións. Parabéns tamén ao Xulián Magariños de Negreira e aos 13 centros participantes
Debater é aprender a escoitar, argumentar e defender ideas
Gradúase a primeira promoción do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras do @C_S_H_G como centro adscrito da @UniversidadeUSC
Lembro con agarimo cando iniciamos este proceso que agora culmina. Unha boa nova que achega profesionais preparados nun sector clave na #GaliciaCalidade
Ramón Villares, Ignacio Balboa e Hugo Vázquez son desde este serán novos fillos adoptivos do Concello de Teo
Persoas que co seu traballo e compromiso se converten nun orgullo para todos os veciños. Parabéns! 👏🏻
Co diálogo, a educación galega avanza
Asinamos con CCOO, ANPE, UGT e CSIF un novo paquete de medidas que serán efectivas desde setembro para reforzar a inclusión e mellorar as condicións do profesorado. Tamén seguiremos baixando as ratios nas aulas
ℹ️ https://t.co/vgKS9HDGWC
A @Xunta e @CDTI_innovacion temos unha longa e frutífera traxectoria de colaboración en materia de I+G+i
Hoxe reunímonos en Madrid para avaliar posibles proxectos que amplíen esta liña de traballo. Agradezo a disposición para procurar novas iniciativas beneficiosas para Galicia
Empresas como @AMSlab, con sede en Lugo, amosan o alto nivel da I+G+i en toda a nosa Comunidade
Aquí asinamos hoxe un acordo co @ClusterSaude para fomentar a competitividade da biotecnoloxía, fomentar a transferencia de coñecemento e potenciar a #GaliciaCalidade no mundo
Galicia quere seguir no programa de auxiliares de conversa, pero sen enfrontarnos a multas millonarias que teñamos que pagar todos os galegos
Por iso, ofrecemos ao Ministerio 4,8 M€ de fondos da @Xunta para que xestione as incorporacións
Explicámolo👇
https://t.co/fJV30FjPfj
A cátedra USC-Plexus de IA en medicina personalizada de precisión é un bo exemplo da #GaliciaCalidade
Nela xúntanse sector público e privado para dar o mellor: o @citiususc, un dos grandes centros da Rede CIGUS, e unha empresa tecnolóxica como Plexus. Ambos son emblemas da I+G+i
O Instituto de Becerreá é un auténtico exemplo de ensino rural de calidade, compromiso e futuro
Un centro implicado coa súa contorna a través de iniciativas que enriquecen ao alumnado e fortalecen a comarca. Un pracer poder visitalos
A convivencia e a inclusión educativa son dúas prioridades. Favorecelas humaniza o noso ensino
Co ese fin recoñecemos a 21 centros e unha aula hospitalaria que destacan polo seu labor fronte ao acoso escolar e para que cada alumno poida desenvolver ao máximo as súas capacidades
👩🏫 @AlfonsoRuedaGal anuncia o novo Plan para o impulso da atención á diversidade que inclúe o reforzo e consolidación de 400 especialistas de apoio
📢 Entrará en vigor o vindeiro curso 2026-27
ℹ️ https://t.co/oT7FNGsEg9