Conta Oficial da Sociedade Deportiva Pol 🔴⚽⚔️ que milita actualmente na Preferente Grupo Norte. O noso fogar é o Municipal de Pol.
Dende 1979
#esedépol
📢 INSCRICIÓNS ABERTAS | FÚTBOL BASE SD POL
⚽ Para nenos e nenas nados entre 2012 e 2019
📲 Contacta connosco a través das redes sociais
📞 Ou directamente co coordinador Luis: 661 46 43 29
📝 Fichaxe | Kevin Campos Barros
🔴 S.D. Pol B
⚽ Centrocampista con pasado no fútbol base do Meira e do C.D. Marte.
🌱 Natural de Fraialde, é un orgullo contar con xente do noso concello que decide apostar polo escudo e por formar parte desta etapa que comeza.
📝Fichaxe | Rubén Rey García
🔴 S.D. Pol B
Rubén incorpórase ao S.D. Pol B, reforzando o medio do campo cun perfil de xogador experimentado, bo trato de balón e lectura de xogo. ⚽🧠
Con pasado no Catro Roldas, Rioaveso, Meira, Riotorto ou Muimenta achega bagaxe e compromiso.
📝Fichaxe | Isaac Díaz Cortón
📌 S.D.Pol B
🔁 Xogador versátil, cun perfil completo e capacidade para ocupar diferentes zonas do campo: lateral, interior… sempre preparado para aportar.
Dá o salto desde o xuvenil do CD Castro, co que tamén tivo minutos no primeiro equipo.
📝 Fichaxe | Mateo Neira Díaz
⚽ Chega tras varias tempadas no Meira, con ilusión e ambición por seguir medrando na casa.
Sempre é especial cando alguén do concello decide dar este paso e defender o escudo. Moita sorte nesta nova etapa, Mateo!
📝 Renovación | Marcos Rodríguez Fernández
🧤 Con raíces polenses, chegou o ano pasado tras pasar pola base do CD Lugo e o Racing de Ferrol xuvenil. Na súa primeira experiencia en categoría sénior deixou boas sensacións e sumou minutos importantes baixo paus.
📝 Fichaxe | Diego Rey
Diego Rey chega á SD Pol tras varias tempadas deixando pegada na Sarriana.
🪄 Extremo con calidade contrastada e ampla traxectoria en categorías superiores, con experiencias no Compostela e no Villalbés, entre outros.
🔴 Benvido, Diego!
📝 Fichaxe | Javi Liz Arias
🧤 Experiencia e calidade baixo paus.
Javi Liz chega á SD Pol tras varias tempadas sendo unha peza clave na S.D. Sarriana, equipo co que vén de lograr o ascenso a 2ª RFEF, sendo ademais o seu capitán.
🔴 Benvido a Pol, Javi!
📝 Fichaxe | Pablo Rey Fernández
Incorporamos calidade e clase para o lateral esquerdo!
🔴 Pablo chega procedente do C.D. Castro, onde xogou a pasada tempada. Conta cunha ampla traxectoria, con experiencias en categorías superiores defendendo as cores da Sarriana e do Viveiro.
📝 Renovación | Fernando Cuadrado
Fernando continuará unha tempada máis co equipo!
Dianteiro con gol e ampla experiencia en categorías superiores. Na pasada campaña xa vestiu a nosa camiseta, sendo o máximo goleador do equipo e un referente no ataque.
📢 Novo proxecto | Presentación do equipo filial
Dende o club presentamos con ilusión o novo proxecto do equipo filial, unha aposta clara polo futuro e pola base.
Á fronte estará Luis Romay, que tamén asumirá o papel de coordinador da base.
📝 Renovación | Samu Ríos Londoño
Samu continuará defendendo a nosa camiseta!
Extremo esquerdo eléctrico con desborde regate e descaro. Con só 20 anos chegou na segunda metade da pasada tempada e tivo un impacto inmediato asinando unha boa campaña e anotando varios goles.
📝Fichaxe | Marco Díaz Méndez
Marco Díaz, xogador de 22 anos, incorpórase ao equipo para sumar talento en zona ofensiva!
Futbolista versátil, pode actuar en calquera posición do fronte de ataque.Ten facilidade para ver porta e entender os espazos.
📝 Renovación | Iago Buján
Iago seguirá unha tempada máis con nós!
Na súa primeira campaña deixou mostra do que pode aportar: velocidade, chegada e gol.
Actuando polo extremo, suma opcións ofensivas ao equipo.
📝 Fichaxe | Luis Díaz
Luis Díaz incorpórase ao equipo para reforzar o centro do campo!
Unha auténtica brúxula, co fútbol na cabeza e nos pés. Deixou fonda pegada por onde pasou, grazas ao seu compromiso e espírito competitivo.
📝 Fichaxe | Diego Fernández
Diego Fernández incorpórase á nosa defensa!
Central sólido e fiable, con experiencia pese á súa xuventude. Nas tres últimas tempadas xogou no Viveiro, onde fixo unha gran labor e foi unha peza importante no equipo.
📝 Renovación | Omar Rodríguez
Omar seguirá formando parte do equipo esta tempada!
Delantero con oficio, dos que sempre suman, tanto no campo como no día a día do grupo.
Compromiso, actitude e gol.
Imos a por outra!
📝 Renovación | Julio Camba
Juliño seguirá unha tempada máis co equipo!
Un dos que continúan daquel grupo do ascenso, este ano volveu demostrar o seu compromiso. Desde a defensa, incluso se sumou ao ataque, deixando algún gol durante a campaña.
📝 Renovación | Dani García
Dani seguirá unha tempada máis co noso club!
Na súa primeira campaña como sénior deixou boas mostras do seu potencial: gol, chegada e moita actitude.
Queremos seguir vendo a súa progresión. A seguir medrando!