📚 Festexamos o #DíadasLibrarías!!
📘 Sabías que Galicia é a segunda comunidade con
máis número destes establecementos por habitante?
📘 Ou que o 73 % dos galegos mercan os seus libros nelas?
Achegámonos a unha das máis antigas e entenderás perfectamente o porqué 💙
O esforzo e implicación da sociedade a prol da lingua, a nivel individual ou en grupo, ten un gran peso no seu impulso e prestixio, máis alá das políticas da Administración pública
Un bo exemplo son os galardoados este ano nos Premios San Martiño da Estrada. Parabéns!
🗣️ @EduXunta presenta Sinerxía, o novo programa que reúne as accións didácticas para a formación en valores do alumnado
🗓️ Os centros poden inscribirse ata este venres e participar en ata cinco programas dos seis ámbitos temáticos
ℹ️ https://t.co/Ptb5dQMNzo
⏳ Outro aviso de data límite: venres 13 tamén remata o prazo de inscricións no programa #NósTaménCreamos, iniciativa para incrementar o uso do galego entre a rapazada a través da creatividade e da incorporación das TIC nas aulas! 🎥📘
👉 https://t.co/TZ8kcloaMH
+ℹ no Portal da Lingua
⏳ Lembramos que o venres 13 remata o prazo de solicitudes do 2º cuadrimestre da convocatoria dos cursos #Celga e LAG nas EOI para o curso 2026/27
👉 https://t.co/P42UvbE7ih
+ℹ no Portal da Lingua
🎭🚌 'Semente de Dramón', gañadora do V Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, viaxará por toda Galicia
4️⃣0️⃣ representacións dunha obra que revive a farsa do autor con referentes estéticos e conceptuais actuais
🗓️ Queda pendente da nosa axenda!
ℹ️ https://t.co/sjIHGX6iL8
En Galicia contamos con bibliotecas que nos inspiran polo seu pulo á cultura e patrimonio e a construción de redes e comunidade
E este labor hai que premialo. Así o facemos coa Biblioteca Pública Juan Fernández Latorre de Ortigueira e a Biblioteca Municipal de Vilalba! Parabéns!
🔍 Que é iso de científicos e científicas?
🧬 Este contacontos busca achegar á cativada de 4 a 6 anos a esta disciplina de xeito lúdico
ℹ️Busca máis plans
https://t.co/SFu3yj4ogr
#ParaGustosCultura
🔹 Canda o secretario xeral, participaron no encontro Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; as artistas Uxía, Alba Pardo, Miguel Pérez Ramudo, Paula Carballeira, Inacio Vilariño e Lucía Aldao, e mais Javier Turnes, vicedirector do IES Rosalía de Castro.
👉 https://t.co/8VeLOgXp3a
🔵 Valentín García asistiu ao encontro de artistas ‘Castelao cen anos despois. A nobre arte de facer Cousas’, organizado pola Fundación Castelao en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua no marco do centenario da publicación da obra Cousas.
🎥 #Igaciencia, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, convoca o concurso de vídeos científicos dirixido a alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.🎬
⏳ O prazo para presentar vídeos remata o 16 de novembro.
ℹ️ https://t.co/OKUdA79uoJ
📚Destinamos 350.000€ a apoiar os proxectos editoriais de 60 entidades!
Impulsamos así a produción cultural en galego co lanzamento de máis de 300 libros, audiolibros e publicacións de lectura fácil garantindo a accesibilidade á lectura e á lingua
ℹ️ https://t.co/Nnm2CFH56x
🔹 Participaron tamén na presentación Francisco Durán Silva, director da Cátedra Institucional Otero Pedrayo; Ana Cabana Iglesia, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Eduardo López Pereira, director da Fundación Otero Pedrayo; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia e Manuel Gago Mariño, responsable da edición crítica.
👉 https://t.co/pwMAWDATsA
📘 A ‘Guía de Galicia. Edición do Centenario, de Ramón Otero Pedrayo’, propón unha lectura que establece un diálogo entre a Galicia que describiu Otero Pedrayo e a que coñecemos na actualidade.
🔹 Valentín García, participou na presentación da obra no marco da celebración do Ano Oteriano, coa que a Editorial Galaxia recupera, co apoio da USC e da Secretaría Xeral da Lingua, cen anos despois da súa primeira publicación, unha das obras fundamentais para coñecer e comprender Galicia nunha edición especial do centenario (1926-2026).
📣 Publicadas as portas de entrada e listaxes por aulas das probas escritas do #Celga 4, que se celebrarán a próxima fin de semana en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid. 📋
ℹ https://t.co/iIzDPXgbNW 📲
📣👩🔬🧪🩺🔭🧬🔬 A Secretaría Xeral da Lingua, a través dos equipos de dinamización da lingua galega, colabora unha vez máis con #Igaciencia na difusión dunha serie de webinarios de dinamización científica en galego. Está dispoñible a gravación do encontro con Francisco Díaz-Fierros. Os próximos serán con Raquel Cela e Ana Barreiro.
📲 Aínda podedes inscribirvos e facerlles preguntas en directo ás relatoras 📨
ℹ️ https://t.co/F3JvexiVJ9
🎭 Nova estrea no #FalaRedes de outono este domingo! Narración de Luís Iglesia, voz de Paty Lesta, a danza de Ricardo Fernández, o piano de Cristian Leggiero e o caixón de Moisés Fernández #NaCernadoSon
📍 8/11 | Teatro Pastor Díaz | Viveiro | 19:00 h
👉 https://t.co/lhXJfl1SE4