Tan importante como a autonomía leonesa é a autonomía portucalense ou nortenha. Portugal no seu conxunto medraría enormemente rexionalizado, permitindolle ao norte non sucumbir ante a crecente dependencia madrileña de Lisboa. O Norte autónomo e forte!
Se fora leonés defendería con unllas e dentes a autonomía do Reino de León. Sendo galego defendoa moito máis. A salvación do espazo galaico-asturleonés pasa pola nosa autonomía e cooperación, facendo do noroeste ibérico unha área próspera e interconectada!
Celebramos esta nova. O sector privado ven a suplir as demandas obxectivas ás que as nosas institucións e gobernos municipais, provinciais, galego e de Madrid, non atenden.
Galicia é unha potencia verde, que non ve que esta capacidade enerxética se traduza en emprego, benestar, infraestructuras e influencia política.
Se somos un país rico e con capacidades e non contamos na toma de decisións é que alguén se está aproveitando de nós.
Imos a espertar?
O PSOE e o PP enganan a cidadanía de Ourense.
Todos sabemos quen levou a alcaldía da nosa cidade a Gonzalo Pérez Jácome.
E todos sabemos que Jácome seguirá sendo alcalde, por que no PP e no PSOE mandan Feijóo e Sánchez e non os veciños de Ourense.
Novas eleccións europeas, e sempre é bo lembrar que foi un partido de centro o primeiro en levar a voz do país na súa lingua propia ao @Europarl_EN
José Posada o eurodeputado nacionalista de Coalición Galega, o primeiro en usar o galego no @Europarl_EN
https://t.co/7SWGKao1AM
Non é que Galicia forme parte de Europa. É que Europa forxouse camiñando a Galicia, se hai algún país de Europa con dereito a portar con orgullo as doce estrelas douradas no máis fondo do seu ser e da súa identidade ese é o Noso. Galicia sempre pola Europa federal! Feliz 9M!
Couto Misto, pasado presente e futuro, un día para pensarmos o futuro deste territorio e estas aldeas cheas dun futuro que queremos facer entre todos. #CoutoMisto
O conde victorioso entendeu que o auxilio de Santiago era unha mostra do seu dereito divino a reinar. Na honra do Apostolo ordenouse construir a igrexa máis grande do Val. A actual igrexa de Santiago de Rubiás dos Mistos.
Os veciños do Salas sitúan no corazón do Val, no Couto Misto a histórica batalla. O sangue mouro derramado tinguiría as terras da ribeira do salas dunha cor cobriza, da que nos séculos posteriores se terían feito tellas para as vivendas do lugar. 👇🏻
Alí o conde de Portugal, señor das terras do Salas, teriase enfrontado a un enorme exército de mouros, que ameazaban os seus dominios, cando todo parecía perdido para os soldados portugueses, o apóstolo Santiago nun cabalo branco baixou do ceo ao auxilio das tropas cristiás 👇🏻
Tal día coma hoxe en 1185, en Coimbra falecía o primeiro Rei de Portugal, que segundo as lendas que se ouven no Val do Salas, gañou l dereito a conguir a Coroa na Batalla de Ourique, que segundo os mistos tivo lugar nas ribeiras do Río Salas 👇🏻
A memoria de Afonso Henriques está intimamente ligada co Couto Misto, dúas lendas vinculan ao insigne conde de Portugal que chegaría a ser o primeiro Rei do país irmao, co noso pequeno país. Unha é a da Batalla de Ourique, e outra é a do neno do Barroso adoptado polos condes. 👇🏻