Informo porque xa van varios que preguntan, os filmes están en galego, euskera, catalá e castelán. Se de primeiras non se escoita en galego só tedes que seleccionar outra pista de audio.🍁
Recomendo tamén usar VLC, pero iso xa é opcional.
Ola! Buscamos compañeire de piso para o curso 23/24 en Ourense. Somos unha rapaza, un rapaz e unha cadeliña. Ordenadas e agradables. LGTBI friendly🌈
163€ + gastos
Para máis info MD
Agradecemos difusión🥺💜
✨Xente de Lugo✨ hoxe perdín unha pulseira de ouro co nome CARLA gravado e un colgantiño plano e redondo dunha virxe. Regalouma miña bisavoa cando nacín e levoa posta dende nena. Se a atopades porfi porfi poñedevos en contacto conmigo 🥺 era moi importante para min
Son xa 62 as localidades que se unen á loita contra a LGBTfobia e esixindo #XustizaParaSamuel. Se queres ir ás concentracións pero non queres ir sóa, escríbenos ás redes de Avante e intentaremos acompañarte.
No meu país non podo mercar nada de Shin Chan, ou aínda non atopei nada. Entón si quero algunha cousa teño que facela eu...Preséntovos o meu pequeno Shinnosuke 🥺❤️