Que si, que brindar con cava ou champaña para celebrar as festas e darlle a benvida ao ano novo está moi ben. Pero o que presta a sobremesa cuns chupiños da terra! Iso non ten prezo! LICORES OS MAIOS #agasallalocal#agasallaenfeminino#saboresdegalicia#talentogalego
Cun bo Arzúa-Ulloa podedes facer verdadeiras marabillas, doces ou salgadas, para os vosos menús de #Nadal. Probade algunha das propostas que @DonaCobina elabora cos seus queixos. A nós xa se nos fai a boca auga! #agasallalocal#agasallaenfeminino#talentogalego
Nas mans de #IMAVI algas, plantas e outros elementos naturais convértense en pezas únicas que recollen toda a delicadeza e a singularidade da nosa terra. Non deixedes de botar un ollo ás súas creacións! Este #Nadal#agasallalocal#agasallaenfeminino#talentogalego
Cociñedes o que cociñedes este #Nadal, con Aceites Figueiredo saberá mellor! Non deixedes de darvos un capricho estas festas e agasallade o padal dos vosos con esta delicatessen da nosa terra #agasallalocal#agasallaenfeminino#talentogalego
Un bolso, un cinturón, unha carteira, uns pendentes... Os complementos sempre son unha boa opción para agasallar no #Nadal. E se son artesanais como os que elabora en coiro Tres Caracoles, mellor que mellor! #agasallalocal#agasallaenfeminino#talentogalego
O #Nadal xa está aí á volta! Decatácheste de que non tes que ir moi lonxe para atopar agasallos orixinais e únicos?#Galicia está chea de talento, de produtos de calidade e de sabores deliciosos para a túa mesa. Aproveita! #talentogalego#agasallalocal#agasallaenfeminino
Tamén participará no mercado do @festivaldelaluz Muuhlloa, que achegará a súa cosmética elaborada a partir do leite das nosas vacas máis presumidas. E para que non pasedes fame teredes as cousas ricas de Caurelor, Sovoral Mel, Mamá Teresa, Licores Os Maios e Aceites Figueiredo
Queredes conseguir algunha das cucadas ás que dan forma as artesás de Tres Caracoles, Lucecús, Antoxos, La Aguada Esmaltes, Lacrimae Mosa, Fusaiola ou Blockstar? Linduras elaboradas en coiro, textil, papel ou vidro que podedes adquirir esta fin de semana no @festivaldelaluz
Estamos encantadas de poder anunciarvos que xa temos espazo reservado no mercado do próximo @festivaldelaluz! Non fagades máis plans, porque do 6 ao 8 de setembro toca gozar da música en directo, a gastronomía e a boa compaña en #Boimorto! #festivaldelaluz2019#festivalsolidario