FERVENZA DO BATÁN: Oculta aparece esta fermosa fervenza, nun lugar escondido, na parroquia de Fontes Rosas, en Touro, que tamén tes que visitar. O lugar está illado nun pequeno recuncho onde non esperas que haxa nada.Despois dunha ponte de madeira aparece esta fermosa fervenza.
A través dunha axuda de Turismo da Xunta, o Concello de Touro rehabilitou unha edificación municipal, situada no núcleo de Fonte Díaz, para destinala a oficina de Información Turística. Estará aberta de martes a sábado, atendida por unha técnica contratada gracias á Deputación
A FERVENZA DE MINCE, EN TOURO. Formada polo río de Prevediño, ofrece un espectáculo digno de admirar para sentir as sensacións de calma e tranquilidade que transmite este lugar. A fraga que arrodea a Fervenza de Mince componse principalmente de árbores senlleiras.
O muíño de Santaia, situado no lugar do mesmo nome, conserva practicamente todos os elementos propios dun muíño deste tipo. As paredes son de pedra e cemento e o tellado de tella a dúas augas. No seu interior poden verse o pé e a capa, entre outros elementos tradicionais
EUROVELO COMPOSTELA POR TOURO
Hoxe transcorreu por Touro unha das etapas da primeira marcha cicloturista Eurovelo Compostela, na que participaron uns 2.000 ciclistas. Esta iniciativa axuda a dinfundir os atractivos turísticos do noso municipio.
A área recreativa de Foxás-Souto atópase a beiras do río Ulla, o cal a fai destacar pola variedade de vexetación que alberga; desde as típicas especies de ribeira, o carballo ou outras non tan propias da contorna. É unha zona ideal tanto para recreo como para pesca.
IGREXA DE SAN XOÁN DE TOURO. Situada no Barral, é do século XVIII de estilo barroco. Planta rectangular dunha nave, con cabeceira cadrada destacada. Fábrica de cachotería de granito e manpostería de lousa revocada. Torre campanario sobre cubo robusto, rematado en cornixa voada.
CASCADA DE ROSENDE. Esta fervenza localízase na parroquia de Calvos, na aldea de Vilar. Atópase situada no arroio de Rosende, ten unha caída de auga duns 20 metros e desemboca directamente no Ulla.
A área recreativa de Brandelos atópase á beira do río homónimo, na parroquia de Prevediños. Dispón dos elementos necesarios para o lecer na zona: bancos, grella, mesas e paneis informativos…
O barroco é o estilo artístico predominante na arquitectura relixiosa de Touro. A Igrexa de San Fiz de Quión data desa mesma época. Construída a base de cachotería e cantería, trátase dun templo de estilo barroco con planta de cruz latina cuberta por unha bóveda de canón.
Ao seu paso polo concello de Touro, o río Ulla ofrece unha paisaxe pintoresca e tranquila. As súas augas serpentean entre verdes outeiros e bosques, creando unha contorna natural que convida á relaxación e a contemplación.
Situado a menos de 30 km da cidade de Santiago de Compostela atópase Touro, o enclave perfecto para perderse nas súas paraxes naturais, relaxarse e coñecer o seu patrimonio. Vén a visitarnos!
O río Ulla, con 132 kms de lonxitude, é o máis longo e caudaloso de Galicia despois do Miño.
As súas ribeiras e dos seus afluentes principais forman parte da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, un dos espazos naturais protexidos pola Rede Natura 2000 https://t.co/5wxNMFYkcN
Seguimos coas pistas do roteiro cifrado grazas a un novo vídeo do sherpa líder de #Touro e un folleto con código QR para non perder ningún dos seus tesouros #touroEcamiño
https://t.co/0sOCJ0nzcr
Despedímonos de Dona Castaña cunha creación dos maiores da residencia Os Tercios de #Touro. A castaña violeta é o seu MANIFESTO polo día internacional contra a violencia de xénero #nonAviolenciaDeXénero
A contorna do Coto de San Sebastián sempre nos sorprende e co #RoteiroCifrado de #Touro poderemos explorar novas oportunidades #touroEcamiño
https://t.co/AGBak13t6g