🥺 Este verán foi incrible e queremos agradecervos de novo a confianza e o seguimento que, converteu ao #VaiaTroula nun dos programas máis vistos da grella da @TVGalicia . 🥰
😍Moi boas trouleiras e trouleiros! Outubro xa está aquí e iso hai que celebralo indo de festa co Vaia Troula!🥳 Hoxe a partir das 22:30h poderedes ver unha nova edición do noso programa: A batalla definitiva das Festas de San Miguel: Agardámosvos!😙
🕺💃Moi boas! Para facervos o luns un pouco menos luns, deixámosvos por aquí o último programa dende a Romaría de Santa Minia en Brión!🤩🥰
Biquiños!
😙😙😙😙
https://t.co/vFwpsOBupX
Boas tardes! 🙃Xa estamos na metade da semana, xa estamos a mércores e iso significa que hoxe hai Vaia Troula!😍 A partir das 22:30h na TVG poderedes ver unha batalla ⚔️entre as romarías clásicas con Noelia Rey dende a Romaría de Santa Minia en Brión! Non falledes, un biquiño🙃
😋Moi boas trouleiros e trouleiras!😍Aquí vos deixamos o programa do pasado mércores dende a Romaría do Nazareno da Pobra do Caramiñal, para que poidades volver velo as veces que queirades que xa nos dixo un paxariño que vos encantou🥳
https://t.co/aNC3hI4Ar5
Moi boas tardes!😊Hoxe temos para vós o mellor plan para este día chuvioso☔️: A partir das 22:30h na Televisión de Galicia o Vaia Troula estará na impresionante procesión das Mortallas do Nazareno da Pobra do Caramiñal🙃.Tamén pasaremos por outras moitas festazas!
😍Moi boas! Aínda non tedes plan para hoxe á tarde?😝 Pois aquí vos deixamos o programa do pasado mércores dende A Romaría da Nosa Señora da Barca en Muxía!
Un biquiño moi grande 😙
https://t.co/YCxkMO1GIY
Por fin chegou o día máis trouleiro da semana, por fin é mércores!😋E iso quere dicir que a partir das 22:30h na Televisión de Galicia poderedes gozar doutro programa do Vaia Troula, 🥳desta vez dende a Romaría da Nosa Señora da Barca en Muxía. Aquí vos queda un pequeno adianto🙈
😻Olaaa trouleiros e trouleiras, para axudarvos a arrincar a semana aquí vos deixamos o último programa do Vaia Troula🤩: Os segredos de San Ramón, dende a Romaría de San Ramón de Bealo en Boiro. Agardamos que gocedes moito véndoo👯♂️🕺
Viva a troula! 🥳
https://t.co/Fkn1pZBbtU
Por fin é mércores e iso é sinónimo de troula! ❤️A partir das 22:30h na Televisión de Galicia comezamos o mes de setembro do mellor xeito posible, con outro programa de Vaia Troula,☺️ desta vez dende a Romaría de San Ramón de Bealo. Tamén imos estar en moitas outras festas!🥳
Bos días!🙃
Por se aínda hai alguén quen non vira o programa do pasado mércores dende a Festa da Istoria de Ribadavia ou por se queredes volver velo, aquí vos deixamos a ligazón! ❤️
Pasade bo día trouleiros e trouleiras!🥳
https://t.co/hIsaYEHCGz
Heeei carballeira!!🤠O mércores xa está aquí e iso é sinónimo de troula a esgalla! 🤣A partir das 22:30h na Televisión de Galicia pechamos o mes de agosto na Festa da Istoria de Ribadavia. 🥳Pero non pensaredes que iso vai ser todo? Estaremos en moitas festas de toda Galicia!😍
🕺💃Boas trouleiras e trouleiros! Xa temos dispoñible para que poidades volver ver o último Vaia Troula🙃 : A batalla⚔️ entre as Ameixas do Carril VS a Empanada da Bandeira🥇. Tamén estamos en outras moitas festazas por toda Galicia!🥳
https://t.co/nnxfNrDbag
😇Boas tardes trouleiras e trouleiros! Xa temos online para que poidades volver a ver o último Vaia Troula 🥰:
Roque VS María. Tamén estivemos presentes en boa parte de Galicia en busca das maiores troulas😎 . Agardamos que o gocedes tanto coma nós💃🕺
https://t.co/ccHRbuwsGG
🕺Olaaa, xa lle podedes botar un ollo ao último Vaia Troula 💃
A gran batalla entre o pemento de Herbón e o pemento de Arnoia🙃. Ademais tamén percorremos toda Galicia en busca das maiores troulas🤪. Preme abaixo que vos vai encantar🥇
https://t.co/Qzz3RR6F4j
😻Xa é mércores e iso quere dicir que é noite de Vaia Troula🕺💃! A partir das 22:30h imos participar nunha enorme batalla entre o pemento de Arnoia e o pemento de Herbón, quen vencerá?⚔️
Tamén imos estar presentes en moitas outras festas e romarías! Non falledes😋
🙋♀️Boas tardes trouleiras e trouleiros🙃, xa temos dispoñible o programa do pasado mércores😻: a gran batalla entre o Carneiro ao espeto de Moraña🐑 e a Navalla de Aguiño🌊!
Dusfrutádeo moito, biquiños!😘
https://t.co/a7ynZYWJXv
😍Moi boas trouleiras e trouleiros! Esta noite a partir das 22:30h imos vivir unha incribe batalla entre o Carneiro ao Espeto de Moraña e a Navalla de Aguiño: quen gañará?😋
Ademais tamén imos estar de troula en moitas outras festas por toda Galicia❤️
💃🏻Bo día amig@s da Troula!💃🏻
Esta noite temos un programón ás 22:00 na Televisión de Galicia, dende o ⛪️Santiaguiño do Monte en Padrón e un milleiro de lugares máis, como Culleredo, Castroverde, Carril, Negreira, Maside… e moito máis!! 🎉🥳
E que NON PARE A TROULA! 🎊🥰