Os proxectos eólicos da zona tamén afectan o veciño concello de #Cuntis, e a poboación non está informada❗️
Colectivo do Vento e Alarma Terra de Montes darán unha charla na Biblioteca Municipal Roberto Blanco Torres, este xoves ás 20'30h🗣️
✅ Onte celebrouse o último pleno ordinario da lexislatura.
✅ Foi aprobada a nosa moción para mellorar a mobilidade no casco histórico de #Cuntis,
✅ repasamos as iniciativas que durante esta lexislatura presentamos
▶️
https://t.co/sa9B92YcUh
✅ e manifestamos, a xeito de despedida da Corporación Municipal, o noso recoñecemento e agradecemento a todas as persoas que nalgún momento contribuíron, dun ou doutro xeito, a levantar e soster o proxecto de Veciñanza nestes oito anos.
Neste caso trataremos a situación do casco histórico e os peches de fin de semana con mobiliario urbano, así como os problemas de mobilidade que produce e a imaxe que vén ofrecendo durante os últimos catro anos.
📑 Podes consultala aquí 👇
https://t.co/tjW0yGB5Ly
🕗 Este xoves, 30 de marzo, ás oito do serán, terá lugar a sesión ordinaria do pleno de #Cuntis.
✅ Será o último pleno de Veciñanza na Corporación Municipal e, unha vez máis, o único asunto na orde do día será unha proposta do noso grupo.
Nestes momentos dá comezo o Pleno Extraordinario que aprobará a sinatura do convenio para o desenvolvemento da fase 1 do Polígono Industrial da Ran, unha demanda histórica para #Cuntis.
Pódese seguir en directo a través do FB do Concello de Cuntis.
👇🏽
https://t.co/otlNSLRAvR
Este domingo, ás 12 h dende a Alameda de Compostela, mobilizámonos en defensa da sanidade pública e da Atención Primaria. Veciñanza apoia a convocatoria de @SOSsanidade porque en #Cuntis coñecemos ben as consecuencias das políticas de deterioro e precarización do @ppdegalicia.
ℹ️ Este mércores, ás 20:30 h, terá lugar a sesión ordinaria do pleno municipal. Poderá asistir quen así o desexe ou seguilo en directo dende o perfil de Facebook do Concello de Cuntis.
🥇 Cuntis lidera todos os indicadores negativos, xa sexan económicos, demográficos, laborais ou de calquera outra materia.
❗️⚠️⭕️ E rematando xa o mes de xaneiro, sen noticias do Orzamento Municipal para este 2023.
📉 #Cuntis segue a perder habitantes, pero ademais faino a maior ritmo que o resto da comarca. E ISTO NON É CASUAL. O actual goberno municipal continua absolutamente indiferente ante a dinámica demográfica da nosa vila. INDIFERENTE E INCAPAZ.
Menos habitantes, máis débeda, negocios que pechan ou marchan a concellos veciños, sectores económicos estancados, alugueiros imposibles, sen plan de urbanismo, coas vallas de fin de semana, sen oportunidades laborais... pero con moitas fotos! 📸