Hoxe comeza o mural de Carola Bagnato! As primeiras liñas e cores xa se deixan ver, abrindo unha xanela á súa linguaxe visual. Unha nova paisaxe urbana toma forma.
Comeza a intervención de Vanesa Álvarez no Paseo de Coia. Os primeiros trazos suxiren formas orgánicas que dialogan co espazo e co paso das persoas. A arte comeza a respirar no barrio.
Dende Grecia chega a Vigo o artista Dimitris Trimintzios, tamén coñecido como TAXI. O seu estilo potente, con fortes contrastes e carácter urbano, atopará a súa expresión na Travesía de Vigo, 138. Un mural para observar con ollos curiosos.
A artista arxentina Carola Bagnato chega a Vigo cunha proposta chea de forza visual e mensaxe. A súa pintura mestura abstracción e formas xeométricas cun enfoque moi persoal e poético. O seu mural ocupará a Rúa Rosario Hernández Diéguez.
Sfhir é sinónimo de técnica, imaxinación e sorpresa. Na Rúa Montecelo Alto, prepárate para unha intervención chea de forza visual, mensaxe social e moita habilidade.
O mural de Dante Arcade xa está rematado, e Samil brilla diferente: máis vivo, máis colorido. O deporte e o arte conviven agora nun mesmo lugar. Grazas por darlle cor á cidade!
Obra rematada! O mural de María Ortega xa forma parte de Sanjurjo Badía. Unha proposta que achega sensibilidade ao entorno urbano e nos invita a mirar máis alá.
Dende o colectivo Alegría del Prado chega unha nova visión do muralismo ecolóxico e poético. Na Rúa Rola, a natureza, o xogo e a comunidade danse a man nunha obra que xa queremos ver medrar.
A artista viguesa Vanesa Álvarez chega ao Paseo de Coia cunha proposta delicada e poética. A súa obra aposta pola beleza da cor como ferramenta para transformar espazos cotiáns en lugares con alma. Un mural pensado para o gozo colectivo.
A artista María Ortega prepárase para deixar a súa pegada en Sanjurjo Badía. Coa súa capacidade para traballar o muralismo desde o detalle e o simbolismo, a súa obra invita á reflexión e á emoción. A cor, unha vez máis, toma as rúas.
Comeza a transformación na Salgueira! Playincolors arrinca o seu mural nunha pista chea de vida, onde a arte convive co deporte e a veciñanza. Primeiros trazos que xa nos fan sorrir!
O mural de Ramón Amorós vai medrando a cada paso. A parede comeza a falar a través da cor e da expresión visual. Pásate e sente como o barrio cobra nova vida.
Playincolors chega con toda a súa enerxía visual á pista de baloncesto e gradas da Salgueira. A súa obra mestura xogo, cor e comunidade, apostando por un mural que transformará o movemento en arte. Un espazo que se converte tamén en lugar para a creatividade compartida.
Dende a Batalla Mural chega a Vigo Ramón Amorós, artista gañador da edición 2025. O seu mural cobrará vida no muro da Asociación de Veciños de Cabral, nun espazo compartido pola veciñanza e o arte. Un traballo con mensaxe, cor e talento.
A obra de Dante Arcade vai collendo forma, e Samil vístese de cor. O xogo visual, as formas e os tons envolven o espazo cunha enerxía nova. Achégate a vivir como o arte transforma o cotián.
📍 Pistas de Baloncesto de Samil
DANTE ARCADE
🎨 Comezamos esta edición cunha proposta chea de ritmo e cor: Dante Arcade chega a Vigo cun estilo vibrante, onde a arte urbana se mestura coa cultura visual do videoxogo e o pop. Intervirá nas pistas de baloncesto de Samil!
🤗Entramos na recta final!🤗
🖍 ARTISTA: Vanesa Álvarez 👉 @vanesaalvarez
🏙 LUGAR: Paseo de Coia
Xa están @s voluntari@s a encher de cor a Avenida,ata o propio @abelcaballero e @carmelasilva achegáronse a axudar e formar parte desta obra da man de @vanesaalvarez ☺️☺️☺️