O alumnado de 2º ESO participou no programa “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”.
Da man dun especialista da AMTEGA, reflexionaron sobre o uso responsable das redes, a identidade dixital e a importancia da pegada dixital
#PegadaDixital#RedesSociais#AMTEGA
O xoves visitamos o castro de Lansbrica, en San Cibrao de Las, para coñecer máis sobre a cultura castrexa.
Aprendemos no centro de interpretación, percorremos a muralla e mesmo practicamos facer lume ao estilo prehistórico
@EduXunta
Excursión diocesana a Baiona co alumnado de 3º e 4º da ESO de Relixión Católica.
Un día de convivencia, aprendizaxe e diversión nun entorno privilexiado. Houbo tempo para compartir experiencias, descubrir Baiona e tamén para gozar dun intre na praia.
Parabéns ás alumnas de 1º de Bacharelato, gañadoras do 1º premio “Teen Researchers” no CINVIGO.
O xurado destacou o seu proxecto sobre a loita contra o lume, traballado no Club de Ciencia.
Talento, investigación e compromiso que enchen de orgullo á nosa comunidade educativa 💚🔥
O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía visitou a fábrica de Aceites Abril.
Unha xornada moi enriquecedora para coñecer o proceso de produción, a innovación empresarial e o traballo en equipo nunha empresa referente da nosa contorna.
Grazas a Aceites Abril pola acollida!
O alumnado de 3º da ESO gozou dunha intensa xornada en Sanabria Lake cunha divertida actividade multiaventura.
Natureza, deporte, convivencia e moitas emocións nun día cheo de retos.
Unha oportunidade perfecta para aprender tamén fóra da aula e seguir creando lembranzas.
Alumnado de 1º ESO do Club de Ciencia participaron no desafío CanSat.
Así viviron o lanzamento dun foguete e achegáronse ao mundo da enxeñaría aeroespacial nunha xornada chea de ciencia, innovación e aprendizaxe
#CanSat#ClubDeCiencia#PolosCreativos#STEM#Innovación
Visita moi especial no centro: o escritor Daniel Blanco compartiu xornadas con 1º Bach, 4º ESO e 1º ESO arredor da lectura e as súas obras. Un encontro inspirador para descubrir novas formas de ler. Grazas pola visita!
@EduXunta@cfrourense
Días inesquecibles en Madrid: o alumnado do musical goza de “Los Miserables” e prepárase para unha divertida xornada no Parque Warner. Aprender tamén é vivir experiencias únicas.
@EduXunta
O alumnado de 1º Bach A asistiu a unha charla do forense Fernando Serrulla sobre identificación a partir de restos óseos (antropoloxía e ADN). Unha experiencia que une ciencia, memoria histórica e dereitos humanos.
@EduXunta
24 alumnos/as do IES Taboada Chivite están no Parlamento Europeo coa Euroescola, vivindo a democracia en primeira persoa: debates, preguntas e aprendizaxe única.
Verín no corazón de Europa!
@Europarl_ES@EscuelasEuropeo
O Chivite iniciou a celebración dos 50 anos cun encontro con exalumn@s de distintos ámbitos (enxeñería, física, política, dereito, comunicación, cultura e deporte), que compartiron recordos do seu paso polas aulas.
Unha pequena mostra do talento que saíu do centro.
@EduXunta
O noso centro celebra o seu 50º aniversario cunha xornada moi especial aberta a toda a veciñanza.
📷 𝗦𝗔́𝗕𝗔𝗗𝗢 𝟳 𝗗𝗘 𝗠𝗔𝗥𝗭𝗢
📷 𝟭𝟬:𝟯𝟬 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗦
📷 Salón de actos do Chivite
Non o podes perder!!
@EduXunta
O pasado venres tivemos a sorte de contar co profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Andrés Cernadas quen guiou ao alumnado de 4º de ESO nun obradoiro de haikus.
@EduXunta
Charla sobre doazón e transplante de órganos.
Un encontro para coñecer de preto a importancia da doazón e o impacto real dos transplantes.
A charla correu a cargo de Estefanía Prol, coordinadora de transplantes do CHUOU e Miguel Quintas, persoa transplantada.
Recibimos o 2º Premio Innovagal polo proxecto "Os Chivititeiros do Disneyland D’eiquí", compartido co IES Ribeira do Louro. Un recoñecemento ao traballo da nosa comunidade educativa e aos nosos musicais. Seguimos con ilusión Mamma Mía: 10 anos despois!
@EduXunta@cfrourense