Ao incorporar-me a actividade agraria no 2021, experimentei múltiples formas de violencia. Estivem reflexionando e isto foi o que pensei: se algumha rapaza está pensando em incorpora-se, estou disposta a falar em privado, apoiar e compartir o que sei. Retweet 🙏 👊
Por favor, por favor, non metades caña pra que pidan nivel 3, porque co que lles gusta escurrir o bulto vanvos facer caso, e todo vai ir a moito peor. Que o goberno central nin ten medios, nin persoal, nin coñece o terreo.
O xefe de informativos da radio pública opinando no Galicia por Diante desta mañá. Por se iso fose pouco, fai gala do seu descoñecemento sobre o que é o Consello da Cultura. E logo aínda hai quen cuestiona por que facemos os venres negros…😡
#NonCoasNosasMans
Sempre se fala do Couto Mixto coma un territorio no que os veciños podían escoller señor. Pero o certo é que iso sucedía en moitas partes.
Vouvos falar do señorío de Amarante, unha antiga xurisdicción en Antas de Ulla con dúas singularidades moi chamativas.👇
Hoxe a alcaldesa da miña vila, Monterroso, dixo nun pleno que os motivos ambientais ou paisaxísticos non son suficientes para estar en contra dos macroeólicos. Que se non queremos o Parque Eólico da Vacaloura teremos que alegar motivos de peso. Nada máis que dicir.
MacroAeroxeradores a 500m das vivendas. Aldeas dentro de poligonais eólicas. O rural sen xente pero con liñas de alta tensión, subestacións eléctricas e aeroxeradores.😪👩🌾 Pobreza para os daquí, riqueza para os de sempre #GaliciaLibredeMacroeólicos#aldeaslibresdemacroeólicos
Uma ACENDALHA (RAG: ACENDALLA) é aquilo que se usa para que o lume acenda com facilidade. Nom devemos confundi-lo com A ZENDAYA, que também pode ser que acenda o lume nalgumas pessoas, mas doutro jeito diferente.
Retén auga 20 veces o seu peso, forma solo e reserva alimento creando sustratos beneficiosos.
A súa presenza☝️ estima sen dúbida o bo estado dos entornos fluviais....e retén minerais que os devolve lentamente nas correntes.
Por un Nadal sen musgo...🙋🌱