O Pleno do Concello de Rianxo declara Netanyahu e o seu Goberno persoas non gratas e insta Xunta e Estado a que rachen "todo tipo de relacións" con Israel.
A moción foi aprobada por unanimidade da Corporación: Rianxo en Común,PSdeG, BNG -presentou a moción- e, si, tamén PP ✌️🇵🇸
O outro día os @RomanArmy_eu publicamos na revista Croa un artigo sobre 7 posibles novos campamentos romanos na provincia de Lugo. Os achados axúdannos a compoñer algo máis unha intrigante historia, a conquista romana de Gallaecia e o NW, que ficou fóra do discurso histórico. 👇
@DavidVDocampo@magago En Marrocos ocorre o mesmo. Traballei algun tempo tramitando nacionalidades e así o puiden comprobar. Pais e nais tiñan, nos documentos persoais, o 1 de xaneiro como data de nacemento. O que si correspondía coa realidade era o ano.
@Oriana_Mendez_ Foi marabilla oírvos a todos, Oriana. Orgullo de tervos aí, onde hoxe hai que estar. E que emoción ver e sentir a Ferrín... Pero por que xa non se pode ver o vídeo?
@diegoameixeiras Leo sempre os teus artigos e sempre vexo ese borde de prata neles. Non estou a dicir que os outros sexan as nubes negras que refires neste de hoxe: é doado gozar da túa intelixencia escrita. Pero este brilla cunha luz intensísima. Pena que non a leves contigo, como ningún de nós.
Hoxe Xosé A. López Silva (@_slax_1972) e máis eu queremos celebrar convosco o Día Nacional recuperando un mito milenario: cando Galicia naceu das estrelas.
É a historia dun levantamento.
E unha batalla.
E heroes de forza prodixiosa.
E cidades que nacen.
E un Setestrelo.
Se gostaches da historia, anímate a que se coñeza rechiando o primeiro chío e dando likes. Agora xa non teño insignia azul pero malo será que non deamos chegado con esta historia a 100.000 persoas cando menos, non?