@fernoya10@paulo_or_17 realmente son mais de 150€ porque teslle que sumar os descontos que se aplicaban esa temporada e que nesta perdes se non caes na estafa da acción
Es cómico lo que os hace rabiar Borja Iglesias. Simplemente por haberse posicionado en temas sociales de manera lógica para cualquier humano decente. Sois ridículos.
Iago Aspas (@aspas10): "Levo facendo o mesmo durante 20 anos como case sempre. Se teño que comer unhas gallegas dos rapaces vou a comer, eu non son de poñer luces vermellas nin mirarme as horas que durmo. Son un xogador da antigua usanza. Se agora teño que comerme un solomillo e mañá uns spaguettis non vou a cambiar. Cando vai chegando o partido non vas comer comidas...non vou comer un cocido da miña nai pero si que cuido cando vai chegando os días de partido pero a miña alimentación segue sendo a mesma e mal non me foi a verdade"
🎬 𝗥𝗘𝗩𝗜𝗩𝗘 𝗔 𝗛𝗜𝗦𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔. 𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗦𝗘𝗡𝗧𝗜𝗥 𝗔 𝗘𝗠𝗢𝗖𝗜𝗢́𝗡 ✨
8 de maio. Unha data que xa forma parte da nosa historia 📖💫
Agora poderás volver vivila como nunca antes 🔥
Chega o documental do ascenso do Monbus Obradoiro 🏀, unha peza que revive desde dentro unha das xornadas máis emocionantes que viviu a nosa afección 🙌
Desde a fanzone 🎉, a chegada do equipo 🚌 e cada instante do partido ⏱️, ata a explosión final de emoción 💥
Unha viaxe inesquecible con imaxes inéditas 🎥, tomas inéditas nunca vistas 👀 e momentos que fixeron chorar, abrazarse e crer a toda unha cidade.
🎞️ Tráiler dispoñible moi pronto.
📍 4 de xuño
📍 Cinesa As Cancelas – Sala iSense 🍿🎬
Grazas por formar parte da historia 🤍
𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗠𝗔́𝗜𝗦 👑 O fútbol non perde a unha lenda: @aspas10 renova co Celta.
A falta dun partido para pechar a tempada, chega a noticia que todo o celtismo esperaba, que emociona a todos por igual. A que une xeracións. A que confirma que algunhas historias nunca terán final.
Iago Aspas renova a súa vinculación co club da súa vida. Faino como debe facelo unha lenda, con presente e futuro. 𝐀𝐬𝐢𝐧𝐚 𝐚𝐭𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟗 e seguirá defendendo o escudo celeste 𝐧𝐨 𝐜𝐞́𝐬𝐩𝐞𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 (“unha máis”). E no momento en que dea un paso fóra do terreo de xogo, farao á vez cara dentro do club. Unirase á súa estrutura para continuar aportando. O Iago Aspas de sempre, un novo Iago Aspas.
Porque aquel neno de Moaña que soñou con marcar un gol bonito co Celta dos maiores acabou converténdose na alma de toda unha afección. No canteirán que transformou o imposible en rutina, o que nunca deixou de crer e o que fixo que toda unha xeración medrase sentindo orgullo de ser do Celta.
Con el chegaron noites inesquecibles, goles que xa forman parte da memoria colectiva do celtismo. Chegaron récords, partidos históricos e unha maneira única de entender este escudo. Máximo goleador histórico do club, futbolista con máis partidos na historia coa camiseta celeste e símbolo absoluto dunha afección que se recoñece no seu carácter e nas súas raíces.
Non é que Iago Aspas sexa o mellor xogador da historia do Celta. É que Iago Aspas é o Celta. Un xogador que marcou unha época, que construíu unha identidade.
E agora, co Celta de novo rumbo a Europa. Vinte e tres anos despois daquela segunda clasificación continental consecutiva, cun equipo feito na casa, con talento feito na Madroa e co orgullo de Galicia por bandeira, Iago Aspas seguirá marcando o camiño e representando mellor ca ninguén o que significa defender este escudo.
Porque a historia de Iago Aspas e o Celta continúa.
Agora e sempre.
Parabéns, capitán!
@OBRADOIROCAB Moitos parabéns dende Vigo, @OBRADOIROCAB 🏀
Compostela e a súa afección recuperades o lugar que merecedes: a @ACBCOM.
Unha gran nova para o deporte galego 🩵
[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta.
O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg.
Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón.
Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente.
Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós.
Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño.
Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir.
Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos.
Sempre Celta! 🩵