🌺 O vindeiro luns, 24X, ás 19h, xuntarémonos coas veciñas das Xubias para lembrar a resistencia antifascista deste barrio mariñeiro, que foi o principal punto de fuga fronte ao terror.
🐟 Memoria, música e sardiñas, da man da asociación #Eumedre e de todas vós. Acompañádenos!
Arranca o #DíadasMapoulas 2023. Desde o cemiterio de Santo Amaro, pasando pola rúa Marconi, a praza das Cántigas da Terra para rematar na nova Praza da Corales (ao final da rúa San Xoán) ❤️🖤
Vinde, que estades a tempo!
🌺 Hoxe é o día! Acompañádenos na presentación do libro colectivo "Basilisa Álvarez, A Corales. Unha mapoula nas Atochas", de @BastianaEditora. Ás 21h no Patachim
#OBarrioNonEsquece
Son Basilia Álvarez. Son A Corales. Son unha das mapoulas libertarias das Atochas.
Son moitas historias. Das que perviven en comunidade, das que imaxinan as herdeiras.
Pero nunca pensei que sería unha desas historias que se lee encadernada en papel 🖤❤️
Hoxe, ás 21 horas 👇
Dá algo de respecto que falen dunha , pero a miña memoria é tamén memoria colectiva e do barrio.
Desexando ver que sorpresas preparou @refuxios este ano!
Ademais do roteiro hai UN LIBRO!📕 e lume 🔥e sardiñas 🐟🐟
Imposible non lembrarme de Antonia, Juana e María. Os meus espertadores de conciencia.
Amigas-refuxio, compañeiras de traballo, irmás de clase obreira, o meu progreso, o meu porvir. 💜💜💜
@echeoqhai@silcerino@EloyTP Cóntanme que parece ser que as veciñas propuxeron ao concello o cambio do nome, porque O Curro non tiña boas connotacións...
Se buscades ‘rúa do Curro’ en Google Maps tamén vos leva a Elviña?
Prometo que foi o meu primeiro enderezo na Coruña, cerca da Casa do Socorro, e non son quen de atopala. Quen me axuda? @echeoqhai@silcerino@eloyTP
Foi na rúa do Socorro onde me bautizaron de novo, como A Corales.
Será por como miro ao mar desta cidade, será para regalarme certo anonimato.
Non o sei, pero é o meu disfraz de muller e de obreira. Gústame.