Hoxe cúmprense 20 anos do pasamento de Aquilino do Mañas, do meu avó. Posiblemente fora a figura máis importante da miña infancia, e ainda un referente a día de hoxe.
Así que como… https://t.co/0k9Cr4tgoJ
Como se puxo a chover, clausurei a exposición de pintura, o recorrido polos 18 anos que separan un cadro do outro e pola diversidade de técnicas que traballei nese tempo. Moitas grazas aos… https://t.co/lq0rFNgNRh
Hoxe inaugúrase a primeira exposición de debuxo e pintura que fago en solitario. Estará aberta ata o domingo, nos Pendellos de Agolada, no caseto R. en Os Pendellos De A Golada https://t.co/QCophe2kA0
O sangue flúe nunha hemorraxia interminable. A paisaxe tornase borrosa. A dor do sangue absorbido en contra da súa vontade e insoportable. Nese momento a súa cornamenta topa unha fenda nas escamas que son a armadura do agresor. Flúe un viscoso liquido verdoso.
É nese momento cando unha forza aplastante o empuxa cara abaixo, cara un abismo de escuridade que é a morte. Cae sobre os xeonllos. Move a sua cornamenta, cara os lados. É inútil. A dor inúndao. Os dentes do depredador clávanse na sua carne. Varias veces.
A mobilidade é imposible, quizais debido ao pánico que se apodera do animal, ou dalgunha habilidade sobrenatural dalgun atacante. Aínda na súa parálise, a besta sábese préto do seu fin.