O IV Encontro Álvaro Cunqueiro reuniu esta finde en Mondoñedo estudosos e lectores do grande escritor. Beizón á USC, Concello de Mondoñedo, CMAC, relatores, á secretaría do curso, a Fran Castro polo seu concerto e a tantiñas boas xentes que nos arrouparon como fidel público.
Xa está aberto o prazo de matrícula do III Encontro Álvaro Cunqueiro, Curso de Verán da USC que inclúe conferencias, conversas e un roteiro cunqueiriano. Deixo aquí toda a info: https://t.co/jbAw41qMto
Hoxe fai 180 anos e 1 mes do nacemento dun ilustre mindoniense, o músico Pascual Veiga, que nacía o 9 de abril de 1842 ao pé da Catedral de Mondoñedo.
Aí van unhas notas sobre Veiga e Pacheco, o seu mestre.
https://t.co/ODJHVaB3Gg
Dende a Casa Museo Álvaro Cunqueiro e o Concello de Mondoñedo unha comisión designada ao efecto vén de nomear a César Antonio Molina Cunqueiriano de Honra de 2022. Parabéns ao galardoado e benia sempre á memoria do escritor mindoniense #cunqueirianodehonra
Time seems to stop at #Mondoñedo, one of the most beautiful little towns in #Spain. 😍 Its historic quarter is mesmerizing, with the gorgeous cathedral-basilica at its centre. Ready to explore it?
👉 https://t.co/kN0F1Tu9go
#YouDeserveSpain#VisitSpain#Lugo@Turgalicia
José Villaamil y Castro foi, ademais de historiador, membro da Corporación Municipal de #Mondoñedo, aínda que só tres meses a finais de 1868. Neste breve traballo téntase dar unha visión introdutoria sobre esta faceta do persoeiro.
https://t.co/UChnfXxssX
No ano 2005 atopouse no Castro de Zoñán un machado pulimentado que non encaixa coas cronoloxías deste tipo de asentamentos. Presentamos este obxecto e achegamos luz sobre este elemento material fora do seu contexto esperable.
https://t.co/NDs9JWjPlJ
Nun seu célebre poema, Álvaro Cunqueiro aseguraba: “pro eu resucitarei, que só volven os que recordan, compañeiros”. Abofé que así foi e que o recordo comunal que onte nos uniu no seu XL cabodano en Mondoñedo nolo fixo máis vivo ca nunca. Velaquí unha galería de imaxes da xornada
Atención, autorxs mozxs: aínda estades a tempo de enviar os vosos versos ao XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para Novxs Creadorxs do @ConcMondonedo. Deixo aquí o enlace ás bases [Aviso importante: o prazo foi ampliado ata o 15 de outubro] Ánimo!🤗https://t.co/sbCWscwigb
Arranca un blog sobre temática arqueolóxica, histórica e/ou patrimonial. Sobre #Mondoñedo e a súa contorna co fin de ir enchendo ocos que axuden á explicación da súa historia.
https://t.co/7Lc4FXoI7A