@BUSCUSC@facom_usc De feito, Chisco sae no documental e é unha das persoas a través das cales coñecemos a historia de Caneliñas. Todos os coñecementos que foi reunindo durante anos para escribir Ser cetáceo foron de gran axuda para nós.
#LunsDeSementar! 🌱
Arrancamos a semana con 'Caneliñas, a costa das baleas' (@acostadasbaleas), un documental interactivo realizado por Paula Castiñeira Iglesias e María González Figueroa (🎓 Xornalismo e Máster en Xornalismo e Comunicación)
🎥 Hoxe estivo no programa @maria_GFigueroa, xornalista e coautora do proxecto documental que aborda a historia da baleeira de Cee: "Caneliñas, a costa das baleas" (@acostadasbaleas). https://t.co/zLZ5a7iXDz
[CULTURA] "Caneliñas, a costa das baleas" é o primeiro proxecto audiovisual das xornalistas María González e Paula Castiñeira. O documental, que conta a historia da antiga baleeira de Cee, unha das máis importantes de toda a Península Ibérica.
https://t.co/NtQQ4qz6C9
Esta fin de semana falamos en @elcorreogallego sobre o noso proxecto, as historias que nos atopamos ao longo do proceso de gravación e edición e os nosos propósitos co documental. 👇🐋🌊
https://t.co/A4N0eisbem
🐋💻María González e Paula Castiñeira (do @mxc_usc) presentan o seu webdoc sobre a baleeira de Caneliñas (proximamente adaptado a móbiles). Unha historia para coñecer con moito traballo detrás.
➡️https://t.co/GSpigRVJNz
XA DISPOÑIBLE‼ Podedes visualizar o documental Caneliñas, a costa das baleas a través da web https://t.co/GVDzLfhik6 🐋🌊
*Importante: polo momento só é posible a visualización a través de ordenador. Proximamente tamén adaptado a dispositivos móbiles.
XA ESTÁ AQUÍ! Despois de varios meses de traballo, o vindeiro venres por fin poderedes coñecer toda a historia de Caneliñas. 🐳🌊
O 2 de xullo, agardámosvos en https://t.co/GVDzLfhik6
#Galicia#CostadaMorte#Mar#Balea#Industria
@alvaro_mgr Si, efectivamente trátase da cámara onde refrixeraban a carne para enviala ao Xapón. De feito, a estancia que describes é a que se pode ver na segunda imaxe do chío 🐋🌊
Varias foron as propostas prantexadas para darlle unha segunda vida a esta ubicación que, polo de agora, se mantén á espera de que algunha sexa a que o consiga.
Seguimos traballando para que pronto podades coñecer isto máis a fondo. 🐋🌊
A nave, dunhas dimensións considerables e en moitas das súas partes mesmo sen teito, escóndese entre a maleza. Esta dívidese en distintas estancias, que nos amosan sutilmente os restos do que alí aconteceu.
En @GC_GCiencia falamos xunto a Álex Aguilar do pasado e do presente de Caneliñas. 🐋🌊
A reportaxe fai un percorrido completo pola historia da industria con testemuños, numerosos datos e curiosidades varias que máis tarde poderedes coñecer no documental.
Non volo perdades‼️👇
Xa vos presentamos as historias dos protagonistas que coñeceredes no documental pero, sabedes como se afincou esta industria en Caneliñas? A baleeira fundouse nos anos 20 cando unha empresa norueguesa decidu instalarse na Costa da Morte.
Iniciaron aquí este negocio pola súa localización privilexiada, con fácil aceso ás zonas de tránsito dos cétaceos.
A carne non foi a materia máis importante nese momento, senón os produtos derivados tales como o aceite, a fariña e as barbas do animal. 🐳🌊
No documental poderedes desfrutar da historia da industria baleeira de Caneliñas dende unha perspectiva única, a de dron. 👀 Moitas grazas a Juan Iglesias e ao equipo de Vaspoloaire Galicia por estas fantásticas imaxes! 🤩
Mentres, seguimos traballando no proxecto ⏳🐳🌊
Begoña Fernández, da tenda turísitca e galería de arte @stoupaturismo en Cee, recolle, difunde, expón e comercializa as obras e historias destes emprendedores e creadores locais para poñer en valor o arte de toda a comarca.
Chisco Fernández, filósofo e escritor galego, leva 10 anos traballando na creación dunha obra literaria sobre a relación de Galicia cos cetáceos dende os nosos inicios na que mestura diferentes xéneros e estilos. Varios dos capítulos fálannos de Caneliñas.