Os días 3 e 4 de decembro despedimos A Cuarta Parede na Filmoteca de Galicia cun programa moi especial: unha sesión de curtametraxes galegas, unha mesa redonda e a proxección de 'Vikingland'. Agardámosvos alí!
🎟 Entrada de balde
https://t.co/cgoZ3vC3im
🔳DESPEDIDA A CUARTA PAREDE 🔲
Despois de catorce anos de traxectoria, tomamos a difícil decisión de cesar a nosa actividade e anunciamos oficialmente o peche de A Cuarta Parede.
https://t.co/3RYgkQoIQG
📆Sábado 10 de maio – 20:00h
📍Play-Doc – Sala 3 (Rúa Camilo José Cela, Tui)
Aproveitamos para agradecer a colaboración de todas as persoas, festivais e institucións que achegaron o seu tempo, traballo e apoio ao longo de todos estes anos.
Repasamos a última edición do @novoscinemas cunha crónica literaria asinada polo noso colaborador Xavier Montoriol, que analiza algúns dos títulos presentados nas súas seccións competitivas.
https://t.co/NTkdFkKRuS
Completamos a cobertura do @FCurtocircuito coa segunda crónica da Sección Oficial Cosmos, marcada pola pluralidade de miradas e perspectivas, en palabras de Denís Area.
https://t.co/mapSo82gmH
Seguimos lembrando algúns dos principais encontros dos últimos meses. Hoxe traemos a primeira crónica da última edición do @FCurtocircuito, asinada polo noso colaborador Denís Area, que analiza os filmes presentados na Sección Oficial Cosmos.
https://t.co/hKe5g306NR
Lembramos a última edición do @sitgesfestival da man de Ester García, que asina unha crónica xeral do encontro, analizando algúns dos filmes de xénero máis destacables da programación.
https://t.co/SL6d23KMVG
🎥 Accésit ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: 'Cold War: Unha historia de amor sintetizada', de Rebeca Novo.
https://t.co/6FCO0ib8N2
Un ano máis, continuamos a nosa colaboración coa @AcademiaGalegaA publicando os ensaios gañadores dos VIII Premios María Luz Morales. Xa podedes atopar na revista os textos e vídeos premiados nesta edición, anunciados o pasado 12 de novembro.
https://t.co/j9rP7i78MF
🎥 Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: 'A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios', de Victor Soho.
https://t.co/CRuItYXTOp