[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta.
O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg.
Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón.
Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente.
Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós.
Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño.
Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir.
Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos.
Sempre Celta! 🩵
Carl Starfelt sin querer forzar en el partido más importante de la temporada.
Hugo Álvarez con el tobillo como la cabeza de Nico Alonso el jueves por la banda de Balaidos:
💣🚨 | EXCLUSIVA
💰 El Inter habría informado al FC Barcelona de que el precio de venta de Bastoni rondaría los 60M
🔁 El Barça habría planteado incluir a Araujo en la operación, y el conjunto italiano habría respondido que, en ese caso, el precio ascendería a 100M
"Lloraban por Iago, por ellos y por el Celta. Lloraban por lo mucho vivido y por lo poco que queda por vivir. Lloraban porque hay veces que llorar es la única forma que uno tiene de compensar lo mucho que ha reído".