Xa hai novos xuíces honorarios no Couto Mixto: Suso Díaz, Mercedes Vázquez e a Câmara Municipal de Melgaço. Máis info nesta ligazón:
https://t.co/htFxCGiFeR
Rematou a campaña da Renda. Grazas pola vosa colaboración, difusión e participación. Pro sigamos exercendo os nosos dereitos como galegofalantes. A nosa foi unha modesta proposta a prol da lingua de Galicia porque en galego é lóxico.
#engalego#eloxico
Ángel Barros, pintor e restaurador no Musée du Louvre: "Vivín moitos anos en diversos paises de Europa. E sempre falei galego. Así que o lóxico é facer a renda na miña lingua"
Graciñas Angel
#engalego#élóxico#pordereito
Fátima Martín Dacosta, enfermeira da planta de Medicina Interna do Hospital de Verín, sinala a lingua que hai que elixir na declaración da renda. En Galego
Graciñas Fátima !
#engalego#élóxico#pordereito
O rexistro da propiedade é unha institución pública. Ao igual que outras administracións estatais con presenza en Galicia, o respecto á lingua galega non existe. Velaquí o que sucedeu en Ourense grazas ao activismo dunha cativa chamada Alexandra de só 5 anos. Tomen nota!
O actor e guionista Federico Pérez Rey elixe #engalego. Graciñas @FedericoPrezRey pola túa achega.
E ti? Que lingua elixes para facer a declaración da renda?
En Ourense, a Trini aposta pola nosa lingua propia: "Pagadora católica de Facenda , en aras de construír unha cidade mellor para todas."
Graciñas pola túa achega
#engalego#élóxico#pordereito
O poeta de Ludeiros (Lobios), Suso Díaz, teno claro: "En galego é lóxico, é a lingua que amamos, na que sentimos, na que vivimos e falamos. A lingua na que todo é poesía."
Graciña @Suso_Diaz #engalego#élóxico#pordereito
Velaquí o apoio de Diana Morales, Cristina Bermudez Dominguez e Carmen Rodríguez: "En galego no noso día a día e sen restricións, é lóxico"
Graciñas pola vosa achega
#engalego#élóxico#pordereito
O xornalista e escritor Perfecto Conde Muruais teno claro: "É lóxico facer a declaración, pero aínda o é máis facela en galego"
Graciñas @CondePerfecto pola túa achega
#engalego#élóxico#pordereito
Galicia está de noraboa. O filme "O que arde" de Oliver Laxe, feito en lingua galega, recolle unha grandísima crítica. Porque o galego nunca foi barreira nin atranco para a nosa proxección internacional. Por iso en galego, en Galicia, é lóxico.