@CarlosCallón estará o próximo sábado, ás 18h, falando do seu libro 'Vidas e historias LGBT da idade media' e dalgunhas cousiñas máis' na charla-coloquio 'Usar a lingua' no @roixordoallariz
E se queres que cho asinen, pasa antes pola @airadasletras que temos dabondo 😉
Estreando o meu «Goodreads en papel», o diario de lectura de @IrmasCartone 💚 Agasallo da miña nai comprado en Allariz na @airadasletras .
La galdositis no tiene cura y éste ha sido el primer libro del año...
As ilustracións de estilo fresco e dinámico de Mercè Galí complementan o texto, subliñando o seu ton humorístico e ofrecendo pistas sutís que nos levan a un final sorprendente.
'Isto é moi estraño' de Matilde Tacchini É unha historia divertida, cargada de humor e xogos de palabras que nos animan a explorar as infinitas posibilidades creativas da linguaxe.
Este ano o #DíaDasLetrasGalegas está dedicado á poesía oral e a súa importancia e influencia dentro da nosa sociedade. En 'Somos pandereteiras' a sororidade, as mulleres e a libertade somos protagonistas, así cun pronome feminino plural: nosoutras.
'Contrition' de Carlos Portela é unha novela gráfica que mergulla no universo da culpabilidade, a redención e a memoria, elementos que o autor explora de maneira moi profunda. A súa lectura é unha experiencia intensa, que invita á reflexión sobre o perdón e a redención.
Xa á venda!!! 'Habitada' unha novela lírica e imprevisible, chea de imaxes e personaxes inesquecibles de Cristina Sánchez-Andrade e publicadad por @airaeditorial#DaVidaMesma#Allariz#LerEnGalego
@carloscallon A súa proposta non só ten un enfoque histórico, senón tamén unha reflexión sobre a continuidade desta ocultación ao longo dos séculos e invita a reconsiderar os prexuízos da nosa propia sociedade moderna, facendo un chamamento á visibilidade e á comprensión das identidades LGTB.
@carloscallon realiza un achegamento riguroso e documentado ao estudo de figuras, episodios e relatos que foron silenciados pola historiografía tradicional, tratando de desvelar a diversidade sexual e de xénero que existía na Idade Media.
@carloscallon O autor tamén analiza como a Igrexa, as leis e as normas sociais daquela época trataban a diversidade sexual e como as persoas que se afastaban dos parámetros establecidos eran perseguidas ou ocultadas.
Xa podedes relaxar... 'Asasinato na casa rosa', o derradeiro libro de Arantza Portabales, xa está na libraría... aquí vos agarda 😱🕵️🔎
#Airadasletras#Allariz#LerEnGalego
'Habitada' é a historia de Manuela, unha moza cunha especial sensibilidade para captar o que non se ve, para comunicarse coas criaturas e enerxías que se refuxian no profundo.
Nesta novela, Cristina Sánchez-Andrade toma como pretexto a historia real da Espiritada de Moeche para compoñer unha historia lírica e imprevisible, chea de imaxes e personaxes inesquecibles.
'Sei cantar e seis bailar' Un fermoso álbum ilustrado de Xerais para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía, lingua e cultura ao longo dos séculos.
#DíaDasLetrasGalegas
Algunhas das imaxes da presentación de 'Poesía reunida' de X. L. Méndez Ferrín o pasado venres 17 no @BenComun.
Se non queres perderte os próximos eventos, escríbenos por privado co teu nome, apelido e correo electrónico... e listo. Así de doado...🥰😉