⭐CONVOCATORIA ABERTA
Se es da Comarca de Ordes e che gusta debuxar, pintar, a fotografía, a confección, o gravado, o deseño, o audiovisual, a artesanía, o collage... Se fas calquera cousa que requira algo de creatividade e habilidade, tes un oco neste espazo.
🎁 A entrada é de balde, así que máis vos val traer algo de comer e vir vestidos para a ocasión...
🍞Estará dispoñible o posto da Keikes e o peto de doazóns. A Keikes actúa sen ánimo de lucro, todo o recaudado irá para seguir dinamizando a cultura local.
🥳 20h45 - CONCURSO DE XERSEIS FEOS
A persoa gañadora levará de premio un queique e dúas consumicións gratis, e decidirase mediante volume de aplausos do público presente. Puntos extra por complementos (gorro, gafas, xa sabedes).
🎨 Hoxe é o último día do mercadiño no CreaOrdes!
🏆 Lembrámosvos que a partir das 22h celebrarase o Akordes e ademais, SORTEAREMOS 12 PREMIOS!
• Cea na Campana valorada en 100€.
• Cea para 2 no Pikoliño.
• 4 packs de merch de DKTC
• … E moito máis.
🎶 Lembrade que mañá, a partir das 22h, terá lugar o festival de música Akordes no Piñeiro!
🎨 E por suposto, a exposición do CreaOrdes tamén estará aberta (17h a 20h). Todo un planazo de tarde-noite en Ordes, animádevos!
🎨 Kike sentíase algo só, así que o equipo d’A Keikes púxose “mans á masa”. Directiños do forno, chegan Kike Bebé e os seus irmáns chaveiros! 🍞✨
☝🏻Á venda estes días na exposición do CreaOrdes.
🎨 Segundo día do CreaOrdes! Aberto até ás 20h, vide botarlle un ollo.
☝🏻 Lembrámosvos que mañá, mércores 28, a exposición estará aberta durante a feira!
🎶 Volve o Akordes! Segunda edición de concertos ao aire libre no Campito do Piñeiro!
🗓️ Este 31 de agosto ás 22h! Todo isto grazas á Comisión de festas do Piñeiro e ao @ConcellodeOrdes
🎸 Sunwalk Records, Ardi Jazz, The Foolans e Roda Door! Non volo perdades!
🎨 O CreaOrdes volve ca súa 2ª edición e con máis disciplinas! Tamén haberá unha exposición de arte local e un mercadiño artístico.
🗓️ Do 26 ao 31 de agosto e do 2 ao 14 de setembro no Museo do Traxe.
☝🏻O mércores 28 abre tamén pola mañá. Non faltedes! 🍞
📢 Atención a todos! Volve o DesOrdes Creativas ca súa 17ª edición ✨
🎨 Contarase con muralistas incríbeis, unha xornada de música, rutas guiadas polos murais e moito máis. Non volo perdades! 🎶
📅 Do 2 ao 11 de agosto!
🚨 Dous gatiños están emparedados nunha propiedade privada de Ordes. O concello e a policía local néganse a actuar sen a colaboración da propietaria.
🪧 Hoxe ás 12h, terá lugar unha concentración diante dos xulgados por este claro delito de maltrato animal.
🥁 Os amigos de Brisas do Quenllo
convídanvos un ano máis á Romaría da Pontragha.
📅 Preparádevos para o 6 de xullo e unha xornada de sesión vermú, xantar e moita, moita música 🍗 🎶
🎶 Atención, músicos! 🎶
📅 Aberto o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música. Máis información na ligazón seguinte: https://t.co/2CTNe7OUzQ
🖥️ Prazo de inscrición: até o 5 de xullo