Non podo estar nesta foto físicamente, pero estou nela en espírito. Lamento moito que esta compañeira @almudeurzaiz tivese que vivir a súa pavorosa historia de maltrato e sega a vivir con medo no presente. Con ela estamos moitos para que sinta forza e saiba que non está soa #25N
“O medo é brutal, o pánico paraliza”
👉 @almudeurzaiz contounos en primeira persoa os anos de ataques do seu agresor, do que non logrou divorciarse. Denuncia a estigmatización da vítima: “á sociedade cústalle dar as costas ao matratador”. https://t.co/XEPW6ETl9m
Persecucións en coche, ameazas de morte, dous menores “que nunca deberon ver isto”, pulseiras, vixilancia policial… O sistema non lle permite divorciarse e ten que levar os fillos canda o pai (con dúas condenas firmes) unha vez á semana.
Chámase Almudena. E é a nosa compañeira.
🫂 A sección sindical de CCOO recalca que está a disposición da traballadora para ofrecerlle todo o asesoramento e apoio sindical que poida necesitar.
🔗 Comunicado íntegro: https://t.co/nlqq06JVEF
Brava Almudena!
Non é doado dar estos pasos.
Incríbel que, a estas alturas, as vítimas de maltrato aínda teñan que padecer estas situacións.
Moitos azos compañeira!
https://t.co/boGgs8r2FJ
Almudena, quero mandarche todo o meu cariño e apoio.
Grazas pola túa valentía ao compartir algo tan doloroso. Dar este paso non debeu ser nada doado. A vergoña é de quen exerce a violencia, nunca de quen a sofre.
Seguiremos traballando para combater a violencia machista e para que ningunha muller se sinta soa.
https://t.co/AbydAbQMDq
Todo o meu afecto e apoio, Almudena, e grazas infinitas pola valentía de visibilizar a violencia machista.
Tes o meu compromiso de que seguiremos loitando sen descando por unha sociedade na que as mulleres poidamos vivir libres e iguais.
https://t.co/rYoQM77rtI