Como diría un dos nosos literatos, a MARMELADA EXTRA DE LARANXA de AMORODO está feita coas laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 🍊🧡
Unha delicia que encherá de ledicia, color e intensidade os teus petiscos. 👩🍳
#marmeladadelaranxa#amorodo#conservaseco
Chega o ENTROIDO, a festa do color e do sabor. 🎭🎉
Mándanos unha foto dunha receita con algún dos nosos produtos, segue as instrucións e participa no 🎭SORTEO DO ENTROIDO📸✨
A foto máis apetitosa gañará un LOTE de AMORODO. 🎁
Coñeceremos @ gañador@ o día 28 DE FEBREIRO.🏆
En AMORODO elaboramos as nosas conservas seguindo a regra dos 3-S: Sabor + Saber + Saúde👈✅
E así obtemos manxares ecolóxicos como A MARMELADA EXTRA DE ARANDO. 👩🍳👌, unha larpeirada novidosa, ecolóxica e moi saudable. 😋👌
Bótate ao monte, descúbrea! 💪💡
#amorodo
En AMORODO a nosa horta está chea de larpeiradas, coma este 🌶PEMENTO CONFITADO🌶. Todo o sabor e a intensidade do pemento mesturada cun toque de elegante dozura. 😋
Confeituras con moita feitura, saudables, ecolóxicas e de tempada. 🌎🍓
Anímaste a explorar? 😉🤲
#conservaseco
Este ano os Reis chegan cargados de delicias. Último día para participar no 🍓SORTEO DE NADAL🍓 de @amorodo_eco
SEGUE AS INSTRUCIÓNS DA IMAXE e este lote co mellorciño da nosa terra pode ser teu. 😉👩🍳
Bo nadal, saúde, paz e AMOR-odo. 💓🍓🍀
#amorodo#sorteodenadal
Este ano o premio gordo está no🍓SORTEO DE NADAL🍓de AMORODO.
SEGUE AS INSTRUCIÓNS DA IMAXE e este feixe de produtos 'galiciosos' pode ser teu. 👩🍳😋
O 6 de xaneiro publicaremos @ gañador@. 🍀
Bo nadal, saúde, paz e AMOR-odo. 💓🍓
#amorodo#sorteodenadal#conservasecolóxicas
Aínda non sabes cal é a froita de moda? Ademais de deliciosos, os arandos teñen unha chea de propiedades. 👩🍳🤲
Este nadal sorprende cunha confeitura rica e saudable: a MARMELADA DE ARANDO. 😋👌
Con queixo, nunha torta ou con pan. Descúbrea!🌱🍓
#amorodo#conservaseco#arando
Temos moito gusto en desvelarvos a gañadora do noso 🍂SORTEO DO MAGUSTO🍂.
A nosa selección de conservas é para:🥁🥁🥁
🏆MAR MARTHA🏆
Noraboa Mar. Ponte en contacto connosco para facerche entrega do teu premio. 👈
#conservasqueteconservan
A todo sorteo lle chega o seu San Martiño. Ao noso 🍂SORTEO DO MAGUSTO🍂 chégalle con demora. Mañá coñeceremos @ nos@ gañador/a.
SEGUE AS INSTRUCIÓNS DA IMAXE e este feixe de conservas pode ser teu. Delicias profundas, ecolóxicas e saudables. 😉😋👩🍳
#sorteo#amorodo#magosto
A MARMELADA DE FIGO de AMORODO é outra proba irrefutable de que na Galicia profunda é posible a felicidade. Un manxar natural, sen aditivos e con moitísimas posibilidades. 👩🍳👌
Ecolóxicas, saudables e de tempada. Así son as nosas "delicias profundas". 🌱🍓
#galiciaprofunda
Di o refrán que "por un garavanzo malo, nunca se perdeu o cocido". Na nosa selección de GARAVANZOS AO NATURAL, non atoparás un malo. 👌✨
Porque en AMORODO sabemos que o bo cocido é o que leva os mellores garavanzos. Ecolóxicos, saudables e 'galiciosos'. 🤤
Viva o outono!🍂🍁🔥
As confeituras de AMORODO conservan toda a esencia dos seus froitos, que se alían con outros sabores da terra para crear petiscos sorprendentes. 🍓👩🍳
Como a nosa MARMELADA DE PERAS AO ALBARIÑO. Unha lambetada gourmet para cativar os teus convidados a calquera hora.🍐🍷❤️
A lume lento ou a fume de carozo, nunha pasta a correr ou nun guiso vagaroso. O noso 🥒PISTO CON CABACIÑO🍅fará dos teus pratos verdadeiras delicias caseiras. 🤤
O mellor da nosa horta, unha sinfonía de verduras a bailar un bals de intenso tomate. 🥒 Concentrado de maxia e amor.
Di o refrán que "ano de ameixas, ano de queixas". Mais as marmeladas ecolóxicas de AMORODO non teñen queixa.🍓🌱
As nosas confeituras conservan todo o sabor e a intensidade dos seus froitos.
Con pan ou con queixo, con garfo ou con culler... Sinxelamente galiciosas! 😋❤️
Estamos de estrea! Presentámosche o novo TRITURADO DE TOMATE NEGRO DE SANTIAGO, unha arma de degustación masiva. Porque o negro pega con todo... 🍅🖤
Un tomate sorprendente e unha conserva rompedora. Con ela inauguramos a nova liña adicada ás VARIEDADES TRADICIONAIS👩🌾
Morodo, morango, amorote, fresa, careixón...🍓🌱
Chámalle como queiras, a marmelada extra de AMORODO é a máxima expresión desta froita. Porque son colleitados con agarimo, escolmados con esmero, e conservados con todo o seu sabor. 🍓
AMORODO, confeituras con moita feitura. 🍅🎨
Cal é o segredo das nosas conservas? Por que se conservan tan ben? O sabor, o color, a frescura, os matices... 🍓🌱
O segredo está na paixón que lle poñemos, que se coa en cada bote.🍅
Ecolóxicas, saudables e do país. Sinxelamente 'galiciosas'. 😋
#conservasqueteconservan 🍓🤗🌱
Canto amor, canto coidado e canta paixón cabe nun bote de AMORODO? 🍅🍓❤️
As nosas primeiras conservas xa están envasadas! Coma o noso PISTO, que encherá de cor e sabor os teus pratos.🥒🧅🍅
AMORODO, conservas que te conservan. 🍓🤗🌱
#amorodo#conservasecoloxicas#produtoeco
En Amorodo estamos de estrea. Estendemos a alfombra vermella, empeza o festival. 🤩🎬⭐️
Velaquí os primeiros exemplares do ano: son de tempada, son ecolóxicos e son galegos. Lambetadas da terra. 🍅🍓😋
AMORODO, conservas que te conservan. 🍓🤗🌱
#conservasecolóxicas#produtoeco