@oavrego Concordo coa suba de notas nos instis, mais experiméntaa o alumnado de letras e tamén o de ciencias. Hai graos de ciencias con notas de corte baixas (moitas enxeñarías). Non sei que mestrado fixeches ti, pero eu para acceder ao meu (de letras) tiña que ter máis dun 8,5 en 2021.
💔 𝐃𝐨𝐫 𝐞 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚
O noso agradecemento infinito a quen loita contra o lume e a quen habita e coida o rural. Que non nos falte a forza para recuperar os nosos montes 🌱
Hoxe o meu corazón gañouno o neno que me preguntou se Peibás (parroquia de Antas) se chama así porque alí se paga o bus #paybus ou #peibás#comotiqueiras
Desde hoxe xa podedes consultar a 'Guía de apelidos galegos', un buscador con máis de 6.000 nomes de familia para facilitar a restitución das formas castelanizadas. A ferramenta proporciona de forma automática un informe sobre a forma estándar galega.
https://t.co/MNHwI2dlpN
Onte en Peibás (Antas de Ulla) e da man de #VicenteFeijoo, alma máter do proxecto #GaliciaNomeada, acompañado na mesa pola filóloga seoanense @andreasantiso e mais #PilarGarcíaPorto, alcaldesa de Antas, deunos a clave para colaborar na recollida da nosa microtoponimia.
Seguimos a percorrer o país divulgando o valor dos nomes da terra e á procura de veciñanza que participe na súa recolleita coa aplicación #GaliciaNomeada. Agardámosvos o venres en Antas de Ulla, centro xeográfico do país, cunha nova charla #Toponimízate.
https://t.co/4BnYU0NmHX