O falecemento de Ana Castro deixounos a todos un sentir de tristura e inxustiza. En nome do @PPdePadron e no meu propio, quero trasladarlle o pésame aos familiares, amigos e veciños de Ana e, dun xeito especial, aos seus compañeiros do goberno local e do PSOE de Padrón. D.E.P.
A Festa do Pemento de Herbón é unha festaza que hai que seguir potenciando e impulsando. Parabéns á comisión e a todos os veciños e veciñas da parroquia que colaboraron para sacar adiante con éxito a edición deste ano.
Os pementos de Herbón son uns dos grandes embaixadores e atractivos que temos no noso concello. Por iso, este sábado non podedes faltar á 46ª edición da Festa do Pemento de Herbón, declarada de Interese Turístico de Galicia, para probar se pican ou non. Vémonos alí!
Desde o Grupo Municipal do @PPdePadron presentamos unha moción para instar no pleno de mañá ao goberno local a licitar e adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) antes de que remate o mandato.
Que alegría levei hoxe ao atopar a @BeaFredi, vello amigo e actual presidente da Federación Galega de Piragüismo, que visitaba Padrón porque os días 29 e 30 de agosto teñen previsto organizar no río Ulla, na zona do Lapido, a Copa Galega de Slálom Olímpico.
Sempre é un pracer e unha honra acudir ao Pazo de Raxoi e a Praza do Obradoiro no Día de Padrón en Santiago, dentro das Festas do Apóstolo. E máis aínda se podemos gozar das bandas de Padrón e Santiago interpretando conxuntamente o Himno Galego.
En Padrón temos a nosa propia forma de celebrar o Día de Galicia: a Romaría do Santiaguiño do Monte e a procesión do santo "Parrandeiro". Gocemos do día coa nosa xente e sintámonos orgullosos do pobo que somos, dos nosos valores, do noso idioma e da nosa cultura. Viva Galicia!
A improvisación do goberno local coa execución dalgunhas obras no casco urbano é un auténtico despropósito. Na Praza Ramón Tojo é a terceira actuación que se leva a cabo nos tres anos que van de mandato, o que demostra unha absoluta falta de planificación.
Onte asistín a dous actos en diferente medida vinculados á memoria de Rosalía de Castro: a presentación da proposta do novo Plan da lingua galega na Cidade da Cultura e a conmemoración do pasamento da poetisa na Casa de Rosalía.
Xunto coa conselleira Ángeles Vázquez e persoal de Augas de Galicia, onte visitamos os traballos de conservación fluvial que se están a realizar nos regos de Lamas, Herbón e Xuane para evitar que o incendio de xuño provoque o arrastre de cinzas, sedimentos e solo cara aos ríos.
O venres informei no Parlamento que desde o Grupo Municipal do @PPdePadron solicitámoslle á DX para a Defensa do Monte que realice os estudos previos dos terreos afectados polo incendio de Herbón e Carcacía para avaliar se é preciso adoptar medidas para evitar a erosión do solo.
Arrincamos a semana informándovos de que vimos de rexistrar unha moción para apremiar ao alcalde a convocar nun mes unha reunión co equipo encargado da revisión do PXOM e todos os grupos políticos, e a comprometerse a levalo ao pleno para a aprobación inicial neste ano 2026.
Onte achegueime á Romaría do Pino xunto cunha ampla representación de compañeiros, afiliados e simpatizantes do @PPdePadron. Pero trala reactivación do incendio de Herbón, decidín volver a Padrón para botar unha man nas tarefas de extinción. Había que estar onde tocaba estar.
O pasado xoves asistín na biblioteca de Pontecesures á presentación de "Rupert, te necesito", a nova obra literaria da xornalista e escritora cesureña María José Lorenzo. Se vos gustan as historias da alta sociedade, encantaravos. Parabéns María José!
https://t.co/cqszGdJbOH
Queres saber como se levan a cabo os simulacros de incendio que facemos para entrenar ao noso persoal de cara ao verán? Entón dálle play ao vídeo e non perdas detalle ⬇️⏯️
Súmome a todas as felicitacións que está a recibir o noso párroco, don Roberto Martínez Díaz, tras coñecerse o seu nomeamento como canónigo da Santa Apostólica Metropolitana Igrexa (SAMI) Catedral de Santiago.
Xunto co tamén deputado do @GrupoPopularGal Raúl Santamaría e compañeiros de Padrón e Pontecesures, esta mañá representamos ao @ppdegalicia na manifestación convocada polo Comité de Empresa de Nestlé para rexeitar o ERE que suporía o despido de 27 traballadores/as.
Este sábado asistirei á manifestación convocada para defender o mantemento dos postos de traballo na fábrica de Nestlé de Pontecesures, xa que no plantel de traballadores tamén hai veciños e veciñas de Padrón.
Por se vos interesa, aquí vos deixo a entrevista que me fixo onte Antonio Blanco en @canalriasbaixas. Moi agradecido pola invitación e pola oportunidade de achegarlle aos espectadores algunhas claves do proxecto político do @PPdePadron.
https://t.co/IZUrFFZq4L