Os nosos socios xa a coñecen e este ano fixeron récord de encargas para os máis pequenos 💥
Así que aquí vos amosamos o deseño de este ano 😍 O noso foi amor a primeira vista. E vós? Xa estades pensando en mercala no festi? 💸
#AR22#OFestivalDoMar#FestadoMar#ConcellodePoio
UH! AQUÍ ESTÁ!
UH! AQUÍ ESTÁ!
CHEGOU O... CARTEL POR DÍAS DO ARMADIÑA ROCK
🥳🦈
QUEN DE VÓS ESTARÁ EN COMBARRO DO 26 AO 28 DE AGOSTO? VEÑA... ESAS MANS ARRIBA!!! ;)
Con Fátima Delgado e o espectáculo 'O tío Florencio' (e a aparición do mesmo Florencio Delgado Gurriarán!) puxemos onte un broche de ouro ao quinto ronsel de historias armadiño. Vémonos o ano que vén! ;)
Este domingo 29 clausuramos a quinta edición do ciclo 'Un ronsel de historias' co espectáculo 'O tío Florencio', no que a poeta e actriz Fátima Delgado dialogará, a partir de materiais do arquivo familiar, co seu parente Florencio Delgado Gurriarán. Ás 12:30 na praia do Padrón 🇲🇽
'Pil-pil y lacón con grelos' é o segundo volume dunha deliciosa colección editada pola editorial vasca Literarte e o protagonista do noso vermú de mañá! Estará con nós María José Mielgo, a editora, e tres das autoras galegas: Tamara Andrés, Milagros Bará e Silvia Rodríguez.🍸🤗

Tedes plans para este domingo?
Sacade a axenda e anotade o seguinte: vermú con Maite Jiménez e Beatriz Soto Caba arredor da tradución da obra 'Circe' (Rinoceronte Editora). Vémonos de novo no Padrón! 💐

Esta mañá celebramos o primeiro encontro do noso querido ronsel de historias. Canto nos alegrou compartir espazo e palabras con Antía Yáñez e vernos de novo no Padrón 🥰🐘
Este domingo 8 de maio, ás 12:30 h, Antía Yáñez virá a Combarro para conversar con Almudena Acuña arredor da súa última novela, 'Non penses nun elefante rosa', que está a ser todo un éxito! A cita é ás 12:30 na praciña da nosa querida praia do Padrón 🍸
📷 autora: @stillpablou
🌷 29 de maio: 'O tío Florencio', espectáculo no que a poeta Fátima Delgado dialogará, a partir de materiais do arquivo familiar, co seu parente Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
🌷 Maio non é unicamente o mes das flores, senón tamén da literatura. Estamos moi contentas de anunciar que volven os vermús literarios no seu formato habitual: a cita volve ser na praia do Padrón e volverá o vermú 🍸
🌷 22 de maio: 'Pil-pil y lacón con grelos' (Literarte). Participan no acto a editora María José Mielgo Busturia e as autoras Tamara Andrés, Milagros Bará, Encar Roda e Silvia Rodríguez Coladas.