🏀Onte, Cayetana Mariño Palomino participou na Xuntanza Premini en Sada (A Coruña), tras ser seleccionada pola FEGABA para a xornada de xogadoras da xeración 2016. Unha boa oportunidade para seguir aprendendo, desfrutando e compartindo experiencia con outras xogadoras. 👏
O pasado fin de semana, acudiron ao PDC celebrado en Caldas de Reis para xogadoras natas no 2017 Ana Ansias, Julia Gesteiro e Paola Fernández‼️‼️
Este fin de semana repetiron Paola e Julia💚
Estas experencias son boísimas para seguir aprendendo e desfrutando do baloncesto🏀
Carla Serantes, Iria Santos e Cayetana Mariño, xogadoras do Benxamín, acudiron o pasado domingo ao PDC para xogadoras natas en 2016 que tivo lugar en Caldas de Reis🏀
Estamos moi orgullosas, a seguir sumando experiencias💚💚
☀️ Este verán agárdate o Campus 2026!
Prepárate para un verán cheo de deporte, aprendizaxe e diversión. Unha oportunidade perfecta para mellorar, facer novas amizades e gozar dunha experiencia inesquecible💚.
📝 Inscricións en Cluber.
💬 Dúbidas? Escríbenos por mensaxe directa.
💚🏀 Moi orgullosas das nosas veteranas! No seu debut na competición acadaron un fantástico 3º posto na liga. Un premio ao esforzo, á ilusión e ao espírito de equipo demostrado durante toda a tempada. Parabéns, campioas! Seguimos sumando e desfrutando xuntas! 💚🏀
Moi orgullosas das junior🏀💚
Aínda que non chegou o ascenso á Liga Galega, completaron unha tempada excepcional, demostrando en cada partido o que significa ser un equipo: unión, esforzo e compañeirismo.
Grazas por representar tan ben os nosos valores💚
#plansocialencepontevedra