O domingo 31, A Coruña volverá latexar ao ritmo do deportivismo.
Unha cidade, unha paixón, unha soa voz para vivir xuntos unha previa inesquecible.
O Dépor non se explica, séntese!!
Pese ás trabas postas polo Valladolid e a Lei do Deporte, o Deportivismo non o para ninguén: todos a Pucela, con e sen entrada.
Para que os nosos vexan que estamos ao seu carón e xogaremos o partido xuntos. Para facer un recibimento onde sintan Riazor.
CHEGOU O NOSO MOMENTO
26 anos do día en que a historia nos devolveu o que era noso.
Un equipo humilde situou a Galiza novamente no máis alto. Miles de corazóns latexaron ao mesmo ritmo e A Coruña aprendeu que os grandes soños tamén se conquistan.
Un de nove !
19/05/2000.
Campións para sempre.
8 anos loitando no barro por estas cores, amosemos que non é casualidade. Este domingo, todos coa camiseta do RCD e bandeira ao recibimento do equipo ás 12:00h. Que os xogadores sintan que xogan connosco dende o inicio. CHEGOU A NOSA HORA.
Alta tensión en la llegada de los Riazor Blues 🔵⚪️ al Estadio de La Rosaleda, con la policía en medio que evitó el enfrentamiento con el Frente Bokeron.
Málaga CF - Deportivo de La Coruña. (2013)
Non hai mellor recibimento que os cánticos da afección. Non hai mellor celebración dun gol que os nosos berros.
O domingo, perdemos 3 puntos, mais hai algo que nos preocupa máis: perder a nosa identidade.
Demandamos un cambio de rumbo e que as bancadas sexan as protagonistas.