Membros de Ecoloxistas en Acción e da plataforma entregaMOS a sede do Celta de botellas con auga do mone de Tameiga e dunha garrafa con auga residual do vertido da Afouteza, para deste xeito visibilizar a grave ameaza que é este vertido contaminante para os seus mananciais.
Hoxe estivemos xunto a veciñanza comuneira de Mos concentrándonos na sede do @RCCelta contra o vertido contaminante de #Afouteza
Visibilizamos deixando garrafas con augas do vertido a grave ameaza desta contaminación para os mananciais das traídas de augas comuneiras.💦
Nun momento en que debemos reducir o consumo de #auga, o macroproxecto do Celta supón unha ameaza para o abastecemento de milleiros de fogares.
🚱 O subministro actual non abonda para garantir o servizo nos próximos anos. Que pretenden os especuladores?
https://t.co/4LUIjanih6
Así recibimos hoxe ao pelotón da volta ciclista:
👉 Lembrándolle aos especuladores que o monte e a auga non se venden.
👉 Reivindicando ante o mundo enteiro que a xente de Mos está en contra do pelotazo.
#AugaÉVida
Este sábado, Mos enfúndase o maillot verde contra o pelotazo.
🚴🚴🚴
Imos recibir ao pelotón de #LaVuellta con bandeiras e camisolas verdes para reivindicar o monte e a auga fronte aos especuladores.
👀 Faite ver.
📢 Faite oír.
☝️ Respecta a competición e as normas sanitarias.
#LaVuelta21#Mos
🌳🌳🌳 La Plataforma @augaevida hace un llamamiento a todos los mosenses para que expresa su rechazo a la construcción de un centro comercial en Tameiga👇👇👇 https://t.co/OWrNIzm0Iy
O 4 de setembro ímoslle dicir ao mundo enteiro que non queremos un pelotazo en #Tameiga:
🟢 Se vas ver a volta ciclista, leva a túa camisola verde.
🟢 Ondea a bandeira en defensa do monte e a auga ao paso do pelotón.
Se non tes bandeira, pásate polas Pedriñas e pide unha!
Poñer freo ao quecemento global está na nosa man. Preservando os #bosques e gañando superficie de arboredo nas rexións temperadas do planeta. 🌳 A reforestación propicia a creación de nubes e é un dos mecanismos máis eficaces para arrefriar a atmosfera.
https://t.co/EeZUrdRXhT
Cando a veciñanza xestiona o abastecemento de 🚰 #auga, as avarías soluciónanse de forma rápida e eficaz.
Estes días tivemos un exemplo na traída de #Petelos. O depósito non recibía auga abondo, pero axiña deron co problema: as raíces atascaran os filtros dalgunhas captacións.
Seguimos compilando a memoria das traídas de 🚰 #augas, reivindicando o traballo das persoas que as fundaron e o de todas as que pasaron polas directivas.
💬 Falamos coa xente de Tameiga-Casal, o presente e o futuro do sistema que garante o abastecemento de milleiros de fogares.
👉 Fronte ao formigón, o #monte común.
👉 Fronte á destrución dos mananciais, a xestión veciñal da #auga
👉 Fronte ao caos de tráfico, a defensa da convivencia e os recursos naturais.
3️⃣ anos de loita e seguimos!
🌳💧🌳💧🌳
#augaevida#omontenonsevende