👥 Entre o persoal de Gadis e Froiz hai tamén veciñas e veciños de Brión que reclaman melloras salariais, conciliación, redución da xornada e condicións laborais dignas. Reivindicacións tan razoables como necesarias.
🤩 Nota: mención de seu merece o traballo ‘made in Brión’ das letras QUEREMOS GALEGO - LINGUA VITAL XA que se poden apreciar en varias instantáneas. Un traballazo que puidemos coñecer, en primicia, hai xa un aniño no noso concello!
O noso compañeiro Xosé Penas dirixiu este mércores a xuntanza do Consello Director do Parque Compostela Rupestre, do que forma parte o Concello de Brión.
Nesta xuntanza abordáronse a sinalética dos xacementos, o mantemento das fincas e a conformación do comité científico.
❌ Brión rexeita que a @Xunta modifique a Lei de patrimonio cultural 🏛️
No último pleno municipal conseguimos a unanimidade da corporación para aprobar un texto rexeitando as intención da Xunta de Galiza de modificar sen consenso a Lei de patrimonio cultural.
Seguiremos defendendo un modelo baseado na colaboración entre administracións, con financiamento suficiente e estruturas técnicas fortes para garantir a conservación do patrimonio como parte esencial da nosa identidade. 🩵
📍 Este domingo tivemos asemblea aberta coas veciñas e veciños en Tembra (Boullón).
🗣️ A xuntanza permitiunos coñecer de primeira man as vosas inquedanzas, moitas delas comúns ás que xa nos chegaron noutras asembleas en S. Salvador de Bastavales, Ons ou Os Ánxeles.
🏛️ Tamén detallou as accións que se impulsarán desde o Grupo Parlamentar nacionalista en defensa dun servizo público esencial para a nosa veciñanza.
Seguimos escoitando, propoñendo e traballando 🩵✊
#BriónMereceMáis