🔥 Desfrutade das cacharelas, das herbas de San Xoán e da mellor compañía.
Que non falten os saltos ao lume nin as tradicións que nos unen como pobo.
Feliz noite de San Xoán! 🌿 💐🌺🍀☺️
🏥 Participamos na concentración convocada por SOS Sanidade Pública no Eume para reclamar solucións ás inaceptables listas de espera do Sergas.
Cómpre máis profesionais, máis recursos e transparencia real nos datos. A sanidade pública deféndese cada día.
@iagovarela@jmgolpe
🛣️ O BNG conseguiu esta semana un novo paso para a transferencia da AP-9 a Galiza.
Mentres, o PP volveu votar en contra, como leva facendo anos. Primeiro ampliaron a concesión até 2048; agora impiden que Galiza decida sobre a súa principal autoestrada. #AP9Galega
Tras dúas crises de goberno en Cabanas e as sucesivas dimisións das mulleres no que vai de mandato, a paridade brilla pola súa ausencia.
O goberno local do PP xa é, literalmente, un "todo pirolos" con 5 concelleiros homes. Así imos... 🤷♂️📉 #plenoCabanas
🙋♂️ Este mércores temos #plenoCabanas!
Compartimos os asuntos a tratar, e lembramos que a sesión está aberta ao público e tamén se pode seguir en directo no YouTube
👉 https://t.co/9fns4haFVV
O noso portavoz municipal, @iagovarela, visitou esta fin de semana a I Encontro de entidades do Eume
🗣️ "Boa parte da vida cultural, social e comunitaria que temos existe grazas ás asociacións e ás persoas que están detrás delas. Coidalas e apoialas é fundamental", destacou
Hoxe pasamos polo I Encontro de entidades do Eume, unha cita que serviu para visibilizar o tecido asociativo da zona.
Parabéns a EuroEume pola organización dunha xornada que pon en valor o traballo de xente que, de maneira altruísta, dedica tempo e esforzo a facer comunidade
Que ilusas 😅. Case un mes despois, a única “reparación” realizada foi... encintalo. 🚧
👧 Mentres tanto, as crianzas de Cabanas seguen sufrindo as consecuencias da desidia dun goberno que nin mantén, nin planifica, nin xestiona o máis básico.
#MerecemosMoitoMáis
🏴☠️ Cando o pasado 29/04 o Concello anunciou que iniciaba a reparación do barco pirata do Parque do Areal, case nos emocionamos.
Tras máis de dous anos e medio reclamando o seu amaño e denunciando o abandono dos parques infantís municipais, por fin parecía que ían facer algo 👏
📢 O domingo 17 de maio, mobilizámonos pola nosa lingua!
👉 O BNG súmase á convocatoria de Queremos Galego para a manifestación que percorrerá as rúas de Compostela para defender os nosos dereitos lingüísticos.
#17M#OGalegoLinguaVital
🌊 O Muíño de Maré do río Castro, por fin no Catálogo do Litoral da Xunta.
Un recoñecemento que chega tras a iniciativa impulsada polo BNG de Cabanas e aprobada por unanimidade no pleno.
💪 Defender o noso patrimonio dá resultados. Seguimos!
#ditoefeito
📢 O noso deputado e veciño de Laraxe, @jmgolpe , acompañou onte ás propietarias das Fragas do Eume nunha nova xornada reivindicativa en Ferrol.
🤝 Compartimos a demanda deste colectivo para establecer compensacións económicas polas restricións de uso nos seus terreos.
📢 Este mércores teremos o #plenoCabanas ordinario, que inclúe diversos puntos de fiscalización e a dimisión da concelleira de medio ambiente e turismo.
Como sempre, poderase seguir en directo presencialmente ou en https://t.co/9fns4haFVV
👋 Hoxe á tardiña, na Casa da Cultura de Pontedeume, @NestorRego dará conta do traballo do @bngcongreso, con especial atención aos asuntos que afectan aos concellos da comarca do Eume.
Unha proposta pensada para mellorar a seguridade da veciñanza, das persoas peregrinas e dos accesos aos equipamentos públicos.
🟢 Fronte á parálise do goberno municipal, solucións concretas para unha Cabanas máis segura.
+info 👉 https://t.co/bDUI5ql9hz
#merecemosmoitomáis
O BNG propón medidas concretas para adaptar esta vía á realidade do noso concello:
✔️ Reducir a velocidade a 50 km/h en zonas con vivendas
✔️ Crear novos carrís de incorporación (Escola Laica, Batán e Feal)
✔️ Instalar dous pasos peonís elevados en puntos perigosos