Que non che veñan con contos sobre a 🌹 Festa da Rosa! O noso portavoz municipal, que ademais é historiador, desmóntaos.
O 13 de xuño non é unha data para renderlle homenaxe a uns marqueses, debe ser unha celebración da identidade compartida das dez parroquias de #Mos.
Con que cara pode defender Nidia Arévalo a posición do seu partido sobre a transferencia da AP-9?
Despois de reclamala a berros, cando por fin o BNG consegue un acordo, o PP trata de reventalo.
🙅🏻♀️ E non. Non hai ningunha "cláusula trampa". Que deixen de tomarnos o pelo!
O PP trata de convencernos de que a súa xestión da sanidade é exemplar, pero a propaganda da Xunta choca coa realidade que afronta cada día a veciñanza.
🤦🏻♀️ E en #Mos sabémolo ben.
PD. O vídeo gravámolo o sábado 30 de maio e as citas que ofrecía o Sergas son totalmente reais.
Apúntate á xuntanza do BNG de #Mos!
🗓️ Este ano farémola en #Dornelas o domingo 14 de xuño.
😋 Dende a organización poñemos o churrasco. Ti só tes que traer a bebida, os cubertos e, se queres, algo de sobremesa.
📞 Reservas e información no 608 088 383 (Oscar).
👩🏻⚕️ Forzamos un pleno extraordinario para abordar a situación da Sanidade Pública na Louriña e o PP quedou retratado.
Nidia Arévalo non defende os intereses de #Mos. Só busca impulsar as súas ambicións políticas persoais dentro do PP facendo politiqueo barato.
O desmantelamento da sanidade pública na Louriña xa ten consecuencias sobre a cidadanía.
Os grupos da oposicion de #Mos unímonos para reclamar un pleno extraordinario sobre a situación no PAC do Porriño. Será o luns 25 de maio ás 9:30h.
🖱️ Máis info: https://t.co/2jQnzTp7YV
As dez parroquias de #Mos merecen respecto e atención por parte do goberno municipal.
🔔A veciñanza de #Guizán leva anos agardando que se atendan as dúas demandas en materias como a seguridade viaria ou a limpeza dos camiños.
Este Día das Letras, Mos estivo presente na gran manifestación nacional en defensa da lingua convocada en Compostela.
🤍🩵❤️🩵🤍
Con Begoña Caamaño na memoria e no corazón, VIVA A LINGUA GALEGA!
#17demaio#DiaDasLetras#linguagalega#galiza#queremosgalego
Qpá
Foi un día intenso compartindo festa, xantar e boa compañía co tecido asociativo de #Mos.
En Dornelas, na festa da hamburguesa cachena da comisión de festas de San Franco; en Tameiga, na Romaría da Sala Rebullón.
🎉 Vivan as nosas festas, a nosa cultura e a nosa gastronomía!
Como converter unha boa idea nunha chapuza: a reforma do acceso ao CIM é o mellor exemplo.
🤦🏻♀️ Non abonda con facer obras, hai que facelas con sentido e bo criterio, pero o goberno do PP non ten unha cousa nin a outra.
#Mos#BNG#cim
A comunidade educativa de todos os concellos da Louriña volveu alzar a súa voz contra o desmantelamento do ensino público promovido pola Xunta de Galiza.
💪 Dende BNG de #Mos sempre defenderemos os centros públicos e o futuro das nosas crianzas, que merecen o mellor.
A súa señoría Nidia Arévalo equivócase.
Quere traer a #Mos os insultos e a gresca da política madrileña, pero non lle imos entrar no xogo.
🙅🏻♀️ Esa forma de facer política pode ser que lle funcione no Senado, pero aquí non. Mellor ímolo tomar con humor.
O PP de Nidia Arévalo bateu o seu propio récord de facturas impagadas. Acaban de aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito de 1,8 millóns de euros.
O goberno gasta sen control, sen criterio e sen proxecto para #Mos.
🖱️ Máis info na web:
https://t.co/yZavGVZBDv
🏫 Unha nova casa consistorial adaptada ás necesidades actuais da veciñanza.
✅ Un centro urbano para que os servizos municipais deixen de estar ciscados en distintos puntos do concello.
🏘️ Oferta de vivenda pública (e privada) para que a mocidade non teña que marchar de #Mos.
O BNG de Mos volverá reclamar no pleno a construción dunha nova casa do Concello.
👉 É unha necesidade urxente para a veciñanza e para o persoal municipal, que merece traballar en condicións dignas!
🖱️ Máis información: https://t.co/iJJqWb9F1F