Hai usuarios que configuran o teléfono en galego pero non teñen a posibilidade de configurar aplicacións en castelán, inglés, portugués,... e resolverán en configurar nunha lingua non minorizada.
Suma traducións automáticas e velaí outro muro contra a normalización na internet.
As traducións automáticas de plataformas tipo YouTube son Meta son do peoriño que hai porque están deseñados por e para falantes monolingües.
Se configuras o teléfono en galego moitas apps vánseche ao inglés e se o configuras en castelán tradúcenche títulos de xeito innecesario.
Xa non é que haxa problemas para configurar que os teus contidos están en galego (twitch non o permite), é que aínda por riba os sistemas non están preparados para comunidades de falantes que son, como mínimo, bilingües e que son funcionais en tres ou mais idiomas
...
@MarcoGaliza 1. Parvo de min, cheguei a valorar que esta xente podería seguir xestionando estes trámites en calquera outra localización.
2. Era unha pregunta demasiado xoguetona como para que só existira dentro da miña cabeza. Un pouco de ragebait sempre se lle fixo 😂
-Eu: teño cita para renovar o DNI.
-A comisaría de Compostela: arde.
-A nacional á que interrompín de ver como se lle queimaba o chiringuito: como comprenderás, hoy no te lo podrán hacer.
Tampouco facía falta queimarse
Unhas das candidaturas ao reitorado da USC fai un peche de campaña con copa pagada e o Lopezón de dj.
Oxalá que ao final do acto Maite Flores saque unha careta e resulte ser López Campos ou Gonzalo Louzao, que só queren botar cemento branco diante do obradoiro.
𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗔𝗠𝗢𝗦 6️⃣ 𝗩𝗔𝗖𝗔-𝗫𝗘𝗥𝗥𝗜𝗡̃𝗔𝗦 🐮✨
En #Deleite volvemos apostar pola creatividade galega e recuperamos un dos sorteos que máis gustou: as xerriñas con forma de vaca deseñadas pola nosa querida Abi Castillo 😊
Participa cun RT e seguindo esta conta 💫
🥹
O do cantante de Estopa matriculado en Historia facéndose fotos con todos os compañeiros é do mellor que veredes en redes nas próximas semanas 🙌🏽🙌🏽
Especificou que o que lle interesa sobre todo é a ‘Historia Antiga’
-Recordos do momento no que os lin: As aulas, o autobús, as amizades, os problemas, incluso os amores...
Faltan moitos (crédeme, moitos) mais libros por visitar...mais creo que cada hora dedicada con eles será ben invertida. Atopei unha satisfacción inesperada e quero saboreala
Onte, falando sobre un libro que teño na casa, fiquei contrariado porque non fun quen de atopalo entre os acubillos de libros en estanterías, caixas, mesas, etc., que en moitas ocasións me impiden lembrar onde os fun deixando...así que tomei unha decisión (...)
-Sorpresa ao descubrir títulos interesantes que non sabía que habitaban na casa comigo.
-Moreas de marcapáxinas agochados entre as follas. E eu que sempre ando falto deles!
-Un sorprendente número de exemplares adicados da man autora, testemuño da singladura vital do libro.
(...)
Fun ver a exposición de "Mirar por Galicia" sobre Castelao no Gaiás, esa que ten moito feito con IA.
Mimadriña, aínda sen que cobren nada sinto que me teñen que devolver os cartos. Cousas veredes...e non por Castelao