Unha mágoa que en 2026 aínda non estea xeneralizado o uso dunha linguaxe inclusiva. Custa tanto poñer Día da Infancia, dos Xogos ou da Rapazada!? Por non falar da inexistencia doutro tipo de enredos...
Os xoguetes tradicionais de madeira recuperan o valor do xogo pausado, creativo e sen pantallas. Descobre a historia e vixencia das buxainas.
📄 Un artigo de Atalata Madera 👇🏻
https://t.co/rrasjXAYdl
#EnNavia, presentación do libro de Ismael Álvarez sobre xogos nos Ancares. Será este venres, 19 de xuño, ás 11 horas. Inclúe xornada lúdica! #AxendaXogos#Lugo#AMellorProvincia
Parabéns a Dolores polo seu nomeamento. Moi boa proa nesta nova etapa! E o noso recoñecemento e agradecemento a Rosario polo labor realizado durante o seu mandato e o apoio ao Patrimonio Lúdico.
Dolores Vilavedra (Vigo, 1963) nova presidenta do Consello da Cultura Galega. A catedrática de Literatura Galega da USC foi elixida por unanimidade, relevando a Rosario Álvarez tras o remate do seu segundo mandato.
https://t.co/EQgIhsvljs
O vindeiro sábado 30 de maio, O Carballiño acollerán a presentación do libro 'Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais' en @OZOCOgz. O volume reúne, por vez primeira, unha extensa nómina de artigos de investigación sobre o tema.
Na web contámosche como foi a presentación de "Patrimonio Lúdico Galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais" na Feira do Libro de Noia. 👇🏻
https://t.co/271wgXC4iM
E por se non chegas ao final, podes contestar dúas preguntas desta https://t.co/xVpkEvReb1
A pintura amosa unha infancia urbana vinculada á rúa e aos espazos públicos, pero tamén unha sociedade con grandes diferenzas sociais, con nodrizas encargadas dos coidados das crianzas de familia acomodadas. #XogosNaArte
🖼️ 🎨 Xardíns de Luxemburgo (1887). O pintor finlandés Albert Edelfelt representa unha escena cotiá nun parque de París con nenas -e un neno- correndo e xogando ao aire libre co aro ou coa pa e o cubo na area.
Continúa a conta atrás para a #FestadoBanquete de Conxo, que volve cargada de actividades culturais e de lecer: música, xogos populares, recreación do Banquete, Mercado do Libro e moito máis🥳
ℹ ️Programa completo: https://t.co/aCF4lWIe7u
Esperámosvos! ☺️
Este domingo, 23 de maio, presentamos na Feira do Libro de Noia a obra "Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais".
Editada pola Xunta e a USC e promovida polo Observatorio de Patrimonio Lúdico do que formamos parte, constitúe un fito no estudo dos xogos. Baixo a coordinación de Silvia López Gómez, Apolinar Varela e @manuela_VCoto, recolle 37 estudos e experiencias diversas.