🔔PUBLICADA A ASIGNACIÓN DE LUMINARIAS PARA SAN XOÁN
📝Xa está dispoñible a listaxe de asignación das luminarias para a noite de San Xoán na praia da Madalena.
📲O documento pode ser consultado na páxina web https://t.co/6xr2gQqaIF.
🙏🏼Cabanas lembra a importancia de respectar as instrucións para unha noite segura na que todos/as poidan desfrutar dunha noite máxica. Durante a celebración o Concello dispuxo un dispositivo especial de seguridade e asistencia.
📲 Pregamos que compartades esta información con familiares, amizades e persoas maiores para asegurar que todo o mundo teña coñecemento.
🫶🏼Moitas grazas pola vosa colaboración!
📢 PROBA DE SON DAS SIRENAS
🔊 Os servizos de emerxencia informan de que o xoves 25 de xuño, arredor das 11:15h, levarán a cabo probas de son das sirenas instaladas no noso municipio co fin de comprobar o seu correcto funcionamento.
📆Esta comprobación realízase cada ano para asegurar o bo estado desta infraestrutura instalada para dar avisos en caso de ruptura da presa do Eume, situación improbable actualmente.
🪴EXECUTADAS DIVERSAS TAREFAS DE MANTEMENTO E MELLORA VIAL E URBANA.
✅Cabanas executou nos pasados días diversas accións para mellorar e asegurar o mantemento do entorno urbano e da seguridade vial.
🪑Tamén instalouse un novo banco en San Martiño do Porto, nunha zona con afluencia.
🧹Por último, nos pasados días estívose limpando e rozando as xardineiras e beirarrúas de Lavandeira.
🧏🏽♂️O recoñecemento desta linguaxe resulta fundamental para a plena comunicación desta comunidade, salientando a importancia de datas como a de hoxe para logralo.
🩵DÍA DA LINGUAXE DE SIGNOS
📆Hoxe, 14 de xuño, conmemórase o Día da Linguaxe de Signos, unha xornada co gallo de visibilizar a súa importancia e o seu uso para aquelas persoas con discapacidade auditiva.
📝Para a súa apertura, o Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña por importe de 11.808,62€, axudando a sufragar os gastos deste servizo.
📌CABANAS ABRE A OFICINA DE TURISMO PARA A TEMPADA 2026
ℹ️O Concello de Cabanas informa da apertura da Oficina de Turismo para a tempada estival do 2026, con diferentes eventos programados ademáis do asesoramento aos visitantes.
✅Novamente, nesta edición o CIMM poderá ser visitado sen aviso ou reserva previa, xa que permanecerá aberto no mesmo horario e albergará distintas actividades preparadas, que darán continuidade ás iniciadas o ano pasado como distintas rutas, mostras de cociña local ou obradoiros