O pasado día 30 de maio desfrutamos dunha fermosa xornada na que coñecimos mellor a fauna e flora do noso municipio da man do experto Xoán Fontaíña 🦋
A xornada incluíu un relatorio e máis unha ruta arredor de Caaveiro. Aquí tedes un vídeo que resume ambas actividades ▶️
📸 Visita dos nenos e nenas da escola infantil Chalé Rosa ao mercado e á biblioteca
Aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! Moitas grazas a todas as familias participantes 🩷
Informamos de que o vindeiro xoves 25 de xuño terá lugar unha proba de funcionamento das sirenas de aviso dos Plans de Emerxencia de Presas en Galicia 📣
Este simulacro permitirá comprobar o bo funcionamento do sistema no Eume ⚠️
Sentimos as molestias que isto poida ocasionar!
Este venres, día 19 de xuño, a Casa da Cultura acolle a presentación de 'Un rato para mí' 📖
👉 Trátase dun libro de Sabela Arredondo editado por Loto Azul. O acto contará coa participación da autora
Haberá dúas quendas, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00. Non o perdas!
📸 Fotos da presentación da asociación NeuroNais, que xa está a traballar para visibilizar a neurodiversidade e promover unha sociedade máis inclusiva
Mil grazas a todas as persoas que asistiron ao acto 💚 E moita sorte a NeuroNais co seu tan necesario labor!
💚 O Concello vistese de cor verde para sumarse á conmemoración da Semana da Continencia
Con este xesto simbólico queremos contribuír á sensibilización e á visibilización da realidade das persoas que sofren incontinencia, promovendo a información, a prevención e o apoio
🎓✨ Moitos parabéns ao alumnado do IES Breamo polos excelentes resultados obtidos na PAU!
Queremos felicitar a todo o estudantado que se presentou este ano ás probas polo seu esforzo
Parabéns a todas e todos por este gran logro! Desexámosvos moitos éxitos nesta nova etapa 💚
Xosé Antonio Touriñán visitará este mes Pontedeume cun novo programa da TVG! E están buscando o teu mellor chiste 💬
📱 Mándallo a Undodez ó correo [email protected] ou por whatsapp ó 659 747 021
🗓️ Nos vindeiros días en Pontedeume...
Comezamos o mércores 17 de xuño, cunha reunión co comercio e a hostalería do municipio ás 16:00 na Casa da Cultura, de cara ao XVI Feirón Medieval dos Andrade. Non faltes! 🏰
💙✨ No día de onte, 14 de xuño, a Casa do Concello de Pontedeume vestiuse de turquesa para celebrar o Día Nacional da Lingua de Signos española
Sumámonos a esta conmemoración para visibilizar a importancia da accesibilidade e promover unha sociedade máis inclusiva
📖 Onte celebramos a XXXII homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, dedicada a Eva Veiga.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este encontro e a todos e todas as asistentes!
Imos renovar, con apoio da Agader, dous camiños en Valdeviñatos e A Pía 👷♀️
👉 A actuacion de Valdeviñatos, en Andrade, será en pavimento de formigón
👉 No caso da Pía e a parroquia de Ombre acometerase a pavimentación en aglomerado en quente
Seguimos mellorando Pontedeume!
📌 Atención á axenda deportiva destes días!
👉 Os equipos deportivos eumeses enfróntanse a diferentes competicións e celebran diferentes eventos
👀 Consulta a axenda e non perdas ningún!
Actividades deportivas desta semana ⚽🏀🤾🏻♀️
Comezarán co CB Pontumio Pontedeume, organiza o seu XXIV Torneo de Minibasket Feminino no Pavillón Municipal A Casqueira os días 12 e 13 de xuño 🏟️
📢 Presentación de NeuroNais, unha asociación de nais e pais de nenos e nenas neurodiverxentes que nace coa vontade de ofrecer apoio ás familias, visibilizar a neurodiversidade e promover unha sociedade máis inclusiva.
📍 Casa da Cultura
📅 Martes 16
🕢 19:30 horas
🗓️ Nos vindeiros días en Pontedeume...
A primeira actividade será o xoves 11 continúa a programación de fin de curso da Escola de Música Charamela con concertos dos conxuntos, do coro de linguaxe musical e da banda da escola. Será ás 19:30 na Casa da Cultura 🎺
Aprobamos a reparación do camiño que comunica os núcleos de Vizús e Castrelo, na parroquia de Centroña ✅
👉 Contempla a reparación das zonas que se viron máis deterioradas polas choivas do pasado inverno
🛣️ Incluirase a reposición en aglomerado en quente ó longo de case un km
🏰Presentamos o cartel oficial do Feirón Medieval dos Andrade 2026!
Imos quentando motores para unha nova edición deste evento, que dá o pistoletazo de saída ás festas do verán en Pontedeume e na comarca 🥳
Será os días 3, 4 e 5 de xullo. Apuntade as datas 🗓️