Teño que o recoñecer, cando conto historias son moito de andar polas ramas; de brincar de conto en conto, de leria en leria... Iso si, procurando sempre non escorregar e levar un tombo narrativo. Espero conseguilo tamén en Touro.
O mércores levamos O Xestal ao alumnado carballés. O personaxe da morte di no final da peza que alén del non hai nada, só memoria. É ficción, claro, e o que hai no alén... quen o sabe? O seguro é que a memoria é o que nos fica no aquén. Gustosos de lla transmitir á rapazada.
O MUNDO ESTÁ ROTO, PERO PÓDESE CAMIÑAR. Un espectáculo familiar, un título esperanzador. Despois da función do venres na Coruña, a campaña escolar continúa.
Diante dun teclado a expresión máis bonita é FIN, porque quere dicir que rematas a peza na que andas metido. Enriba dun palco a expresión preferida é ESGOTADAS AS LOCALIDADES.
Carlos O Xestal, o conteiro, o folclorista, o labrego, o home do seu tempo... que amasando humor e dor, deixou unha pegada inmorredoira na cultura popular. Con APAGA O CANDIL quen sabe del, celébrao; quen non o coñecía, descóbreo.
Para comezar a última semana de CIGARRERAS non está mal aparecer no "top five" dos tantísimos espectáculos que se ofrecen en Madrid. De martes a sábado ás 20h no Teatro Fernán Gómez. Entradas https://t.co/mC26COETnM
Hoxe tiñamos matinal escolar con CIGARREIRAS. As escolares sempre meten medo porque non se sabe como vai respirar a rapazada, e máis se vén algunha escola de fóra da comunidade de Madrid e tiveron que se erguer moi cedo. Pero foi todo un luxo. Grazas ao alumnado e ao profesorado.
Despois do anterior intento frustrado en Palencia (por causas de forza maior), este domingo faremos por fin a primeira "Entrega en man" en castelán. Será en Alacante.
CIGARREIRAS. Nótase que comezaron as dúas últimas semanas en Madrid. A afluencia do público vai camiño de botar por fóra. Que sigan a saír boas críticas axuda
https://t.co/dZqKVVRS95
CIGARREIRAS. Función 100. Mentres estaban no palco, para as actrices foi unha máis, porque en cada función poñen o mesmo e absoluto compromiso, que o público soubo agradecer. E xa estamos na 5ª semana madrileña. De martes a sábado ás 20h e o domingo ás 19h, no Teatro Fernán Gómez
CIGARREIRAS. Función 100. Mañá cumprimos ese fito. E celebrarémolo, porque é un número ao que non sempre é doado chegar. Entrementres seguen a saír críticas da tempada en Madrid.
https://t.co/bZ2YIGKNTk
E imos aló coa III semana, o ecuador da nosa estadía no Fernán Gómez. Unha semana que acabará o domingo coa función número 100, unha cota que sempre é de celebrar.