Reportaxe fotográfica do roteiro da Montaña Máxica, o pasado domingo. Pódense ver aos participantes en Portalén, na Cruz do Seixo e no Marco do Vento/do Seixo. En total, van 5.297 visitantes guiados por este itinerario cultural instituído en decembro de 2002.
Hoxe recuperamos no Campo das laudas a memoria de Manuel Sueiro Iglesias, mestre da “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense” (ATEO), e do músico de Cerdedo Manuel García Beiro, pertencente ó PRRS, grazas a labor da asociación Capitán Gosende.