🇪🇺Moitas grazas á Corporación Municipal de Santiago polo seu agarimoso recibimento ao noso alumnado Erasmus e aos seus hóspedes daneses e a María Rozas pola súa dispoñibilidade para ser entrevistada polo estudantado sobre servizos sociais,emprego ou persoas sen fogar.
@sepiegob
🇩🇰 A tenenta de alcaldesa, María Rozas, e outros membros da Corporación Municipal recibiron hoxe a un grupo de estudantes de Copenhague que participan nun intercambio co alumnado do colexio Compañía de María
As nenas e os nenos de 1º de Educación Primaria gozaron da materia de Música ao aire libre. Esta práctica ten múltiples beneficios para o alumnado xa que facer actividades ao aire libre axúdalles a mellorar os seus niveles de aprendizaxe e descubrir en liberdade.
O alumnado de 1º de ESO realizou a excursión de inicio de curso, visitamos o Centro Educativo da Fauna CORAX e pola tarde desprazámonos á Coruña para visitar A Domus. Foi unha xornada de aprendizaxe, convivencia e diversión.
Como é costume no noso centro, a principios de curso, 46 alumnos e alumnas de 4º de ESO participaron nun curso de aprendizaxe da lingua inglesa en Irlanda.
Foi unha experiencia moi positiva e motivadora.
Fotos na nosa galería:
https://t.co/RwNbk6oqpF
Para celebrar o comezo do novo curso, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha saída ao Monte do Gozo, onde puideron compartir unha merenda de convivencia, así como moitos momentos divertidos con todos os seus compañeiros.
O equipo xuvenil de baloncesto clasificouse hoxe para xogar a Liga Galega.
Felicidades a rapaces, adestradores e familias polo voso compromiso que fixo posible esta fermosa victoria e unha tempada chea de grandes partidos!
Está claro que COMPROMETÉNDONOS... medramos como persoas.
Dende o EDLG queremos desexarvos un feliz curso 22-23 e tamén convidarvos a visitar o noso espazo dixital no que compartimos moitos momentos de traballo e lecer en prol da lingua galega.
https://t.co/3DReJ2Fu0i
Comeza o XXIII Campus de Baloncesto Compañía de María; con cerca de 90 rapaces e rapazas e con 6 días por díante para desfrutar dunhas xornadas lúdicas compartindo baloncesto e amizade.
Unha semana chea de actividades e sorpresas.
#vivaelfollon#campuscia
Esta semana celebramos unha nova edición do Campus de Verán en colaboración ca Fundación Celta de Vigo, na que os nosos rapaces están disfrutando dunhas xornadas de convivencia cheas de diversión.
#ciamariasantiago
Moi boas o próximo martes 5 de xullo invitámosvos, ás seis da tarde, na igrexa do colexio, ao concerto da afamada orquestra estadounidense de mozos e mozas "Irvine Classical Players Chambers Orchestra.
Parabéns ao alumnado de 2ºBac que coñeceu as cualificacións definitivas da ABAU con resultados moi satisfactorios,froito do traballo,esforzo e constancia na súa traxectoria académica. Parabéns aos 14 alumnos/as convocados ao acto de #MelloresExpedientes da @UniversidadeUSC
Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola vosa participación e colaboración na festa solidaria de Santa Xoana.
Recadamos a cantidade de 10.500 euros para a construción dun colexio en TANZANIA a través da FISC!
Remata a tempada coa boa nova do triunfo do noso equipo cadete na final da Copa de Santiago.
Nun encontro dominado de principio a fin, acadamos o título vencendo por un resultado de 5-0 ó CF Vista Alegre
O pasado fin de semana os equipos de canastra pequena pecharon a tempada coa entrega de trofeos do Memorial Lorenzo Latorre.
Recibiron os seus trofeos e medallas.
Noraboa, rapazas e rapaces!! Bo traballo!!
O noso equipo cadete masculino ven de proclamarse Campión de Copa este finde semana. Pechan así unha magnífica temporada como subcampeons da Liga de Santiago e Campións da Copa.
Noraboa, rapaces!! Bo traballo!!
Temos nova publicación no "Sites" de EDLG, esta vez sobre a "XI Semana da Ciencia".
Non a perdades! Podedes acceder directamente dende esta ligazón:
https://t.co/fyjE6ifFUM