Xornadas de portas abertas no García Barbón, completa a solicitude e ven a coñecernos, os días 11, 13, 18 e 20 de febreiro en dúas quendas, unha ás 16:30h e outra ás 17:30h ✨
Bufino estivo argallando outra exposición de contos relacionados co Día Escolar da non Violencia e da Paz, podedes pasar a botar unha ollada cando queirades. Un saudiño.
O 6 de decembro conmemoramos a aprobación da Constitución española. Nela recoñécese a Galicia como unha Comunidade Autónoma, con historia e cultura propia. Aquí compartimos convosco a proposta lúdica na que estivo traballando o noso alumnado. https://t.co/abeU7QiE85
Benvidos/as a este curso máxico na biblioteca do García Barbón. Estades invitados a pasar por ela a partires do mes de novembro, en horario de 16:00 a 17:00 para empréstitos. Todos os días agás os martes. #díadasbibliotecasescolares
Un grupo de nais sanitarias do centro, vai impartir unha charla sobre como actuar ante as alerxias alimentarias e os atragantamentos.
Damos as grazas a estas familias e compartimos con todas e todos o cartel, que nos fixeron chegar, da formación a que estades invitados.