O proceso de formalización de matrícula para o curso 26-27 terá lugar desde o 20 ata o 30 de xuño. Máis información na web do centro. 🏫📚 https://t.co/tr5JGcVt9S
CASCARILLA estrea casa!!!
Grazas a unha familia, o noso Trasno Cascarilla ten unha nova e preciosa casa. Buscade debaixo das ventás da Biblio a ver se a atopades!!! 📚🏠🧚♀️
Os alumnos de 4° de primaria, como complemento á visita ao Castro de Elviña, coñeceron o museo arqueolóxico do Castillo de San Antón. Unha parte da historia da Coruña!!! 🏰
No mercadillo do Ramón atopas de todo. Cada ano está cheo de sorpresas e sempre acabas levando algo. Parabéns aos nenos e nenas de sexto polo traballo e grazas a todos os demais por apoialos tanto!🥬🏫
Unha mestra do noso centro realizou unha mobilidade con Consorcio Erasmus+ do @cfracoruna a diferentes Escolas de Matosinhos, en Portugal.🇵🇹🇪🇺 #erasmusplus@sepiegob
Dentro do proxecto de centro ‘Luces, cámara... Acción’, o alumnado de 6°EP participou nas sesións para escolares da Mostra Internacional de Cinema periférico S8 @s8cinema onde puido descubrir a Coruña dos seus avós retratada en fílmico de 16 mm: as pezas El cochecito e Auriga.
A calor de abril e as chuvias de maio fan medrar a reo a nosa horta, chea de repolos, leitugas, pementos, tomates, xudías... #VozNatura#EducacionAmbiental 🫛🍅🥬
🎥 O pasado venres o cole desfrutou da estrea da curta creada polo alumnado de 5ºB EP “O chichón do pasado”, co que participan no concurso “Cinema na escola”. Foi todo un éxito! 👏👏👏 Pronto poderedes vela na canle de YouTube do Concello.