🔭 The Age of Disclosure (2025)
📑 Por fin confírmase que as teorías tolas de Internet eran certas e que o goberno garda segredos máis raros cun can verde. Abraiante documental.
👥 Dan Farah, Luis Elizondo, Marco Rubio, Alien, UFO, OVNI
🔫 "Citizen Vigilante", película prohibida en Alemaña o que provocou un novo "efecto Streisand" do cine.
🎬 O seu director, Uwe Boll, non é Scorsese pero presenta unha tese canto menos incómoda: a conexión entre determinada inmigración e delincuencia.
👥 Armie Hammer.
🌌 The Vast of the Night (2019)
👽 Temática alien cunha delicadeza moi suxerente. E seguimos amarrados ao carro da estrea de "Disclosure Day" ou "El día de la revelación", a ver si apañamos algo: patacas, nabizas,...
👥 Dir: A. Patterson.
#DisclosureDay#UFO#OVNI#Alien
🛸 Ninguén te salvará (No One Will Save You, 2023).
🤫 Unha película onde case non falan.
👽 Maravilla alieníxena agora que está de estrea "Disclosure Day" ou "El día de la revelación"
👥 K. Dever, Z. Rose, G. L. McRaney, Dir: B. Duffield.
#DisclosureDay#UFO#OVNI#Alien
👻 Presence (2024)
🪞 Curiosa historia de medo contada desde o punto de vista da pantasma. Trama sorprendente e ben conseguida. Déanlle unha oportunidade.
Steven Soderbergh, Callina Liang, Lucy Liu, Chris Sullivan
🔪 Misterioso asesinato en la montaña (Un ours dans le Jura. 2024)
🏔️ Divertida comedia negra, algo violenta e con algunhas tramas estrañamente resoltas pero pódese ver. O nariz de Laure Calamy sempre me pareceu moi divertida
Franck Dubosc, Benoît Poelvoorde, Joséphine de Meaux
🌴Naufrago (Cast Away. 2000)
🏐 Boa película cun final que non se leva ben con estes tempos onde todo está ben masticadiño e non hai que pensar.
Robert Zemeckis, Tom Hanks, Helen Hunt
💎 Diamante en bruto (Diamant Brut. 2024)
👙 Cando sair nun reality da televisión é o único que anima a unha rapaza nada pode saír ben. Drama que reflicte as costuras desta sociedade.
Agathe Riedinger, Malou Khebizi, Idir Azougli, Andréa Bescond
👩🏻🚀 The American Astronaut (2011)
⭐ Non é a primeira vez que falamos dela pero é que é unha obra mestra, así que, cando podemos lle facemos redifusión. Déanlle unha oportunidade a esta pocholada de ciencia ficción.
Cory McAbee, Rocco Sisto, Gregory Russell Cook, Annie Golden
🤖 Mundo Futuro (Futureworld. 1976)
👨🏻🦲 O que se expón nesta escena está máis preto do que pensamos. Ollo ao piollo! (non ao de Yul Brynner)
Richard T. Heffron, Peter Fonda, Yul Brynner, Blythe Danne
✍🏻 La Buena Letra (2025)
👨🏼🤝👨🏻 Dous irmáns teñen sortes esquivas durante a posguerra española. Loreto Mauleón move unha pestaña e xa cambia de rexistro. É incrible.
Celia Rico, Enric Auquer, Roger Casamajor, Ana Rujas
🧙🏻♀️ Caza de brujas (After the Hunt. 2025)
🤔 Filme que non trata de parvo ao espectador. Película complexa e excepcional, ainda que non lle guste á periodista María Guerra. Non poderíoa faltar a talentosa Chloë Sevigny.
Luca Guadagnino, Julia Roberts, Ayo Edebiri
🪆 Bienvenidos a Marwen (Welcome to Marwen. 2018)
🪖 Baseada en feitos reais, Mark Hogancamp é atacado por uns delincuentes que o deixan ferido. Mark canaliza o trauma posterior fotografando bonecas e soldados nazis.
Robert Zemeckis, Steve Carell, Leslie Mann, Diane Kruger
🛎️ The Palace (2023)
🏨 Recolle paródicamente as teimas dos ricos nun hotel de luxo durante a véspera do ano 2000.
Roman Polanski, Oliver Masucci, Joaquim de Almeida, John Cleese, Mickey Rourke, Milan Peschel
🗳 El apolítico (1977)
🕵🏻️♂️ Non é das mellores películas de Ozores, pero o que reflicte segue a estar moi vixente.
Mariano Ozores, Antonio Ozores, Carmen Sevilla, José Luis López Vázquez, Rafaela Aparicio
💎 Nacida para ganar (2016)
🙌🏻 Cun bo punto de partida, coido que perde unha oportunidade de amosar máis o terrible mundo dos negocios piramidáis. Alexandra Jiménez nunca defrauda. Atención ao cameo final!
Vicente Villanueva, Cristina Castaño, Victoria Abril, Ana María Ayala
🏆 La ganadora (The Prize Winner of Defiance Ohio. 2005)
🎲 Baseada en feitos reais. Unha esposa mantén a flote a súa familia participando en multitude de concursos. Curiosa.
Jane Anderson, Julianne Moore, Woody Harrelson, Laura Dern
🚰 La Cura Del Bienestar (A Cure for Wellness. 2016)
⛲ Se aparece Mia Goth, seguro que é boa. E con Jason Isaacs, xa é o esperrengue. Entretido thriller cunha fotografía estupenda.
Gore Verbinski, Dane DeHaan
🩼 Stingray Sam (2009)
👨🏻🍼 Polo día do Pai, sempre nos gustou esta canción desta xenial película de Cory McAbee
Ron Crawford, David Hyde Pierce
#DiadelPadre#FelizDia