🐢🎨 En Centros Frama combinamos actividades novas con obradoiros máis tradicionais. Desta vez, con pinturas, tesoiras e pegamento, demos forma a unhas tartarugas do máis bonitas para o noso acuario. ✂️😊
#CentrosFrama#VidaActiva
🧡 Onte tamén estivemos na Carrera de la Mujer da Coruña!
Equipo de Centros Frama, usuarias e familias compartiron xuntas esta experiencia. 🏃♀️🙌 Un momento diferente tamén fóra do centro.
#CentrosFrama#CarreraDeLaMujer#ACoruña
🍫 Onte puxémonos as botas! Celebramos o Día Internacional do Chocolate preparando os nosos propios bombóns.
Mans á obra, opcións para todos os gustos e, por suposto, a desfrutar do resultado! 😋
#CentrosFrama#BenestarSenior#ACoruña
📢 OFERTA DE EMPREGO | GEROCULTOR/A
En Centros Frama buscamos gerocultor/a a xornada completa 💛
🎓 Titulación ou acreditación habilitante
🚗 Carné B en vigor
🤝 Bo trato e traballo en equipo
📩 CV: [email protected]#CentrosFrama#OfertaDeEmprego#Gerocultor
Xa probamos as lentes especiais e fixemos os primeiros preparativos para asegurarnos de que mañá non nos perda detalle ninguén 🕶️✨
Temos moita ilusión por compartir esta experiencia xuntos e desfrutar dun fenómeno que non se vive todos os días.
💻🧠 Como cambian os tempos!
Hai uns anos era difícil imaxinar que unha pantalla dixital se convertería nunha ferramenta imprescindible nas terapias cognitivas. Hoxe axúdanos a estimular a mente dun xeito dinámico.
#CentrosFrama#EstimulaciónCognitiva
☀️🌫️ Mentres boa parte de Europa sofre a vaga de calor, na Coruña seguimos gozando de "Pedalear e Conversar" con @afundacion_org.
Un paseo, unha boa conversa e o privilexio de desfrutar da nosa cidade 💙
#CentrosFrama#PedalearEConversar#ACoruña
⚽❤️ No Centro de Día Frama vivimos con ilusión cada partido da Selección Española.
Compartimos emocións, comentamos as xogadas e traballamos a orientación temporal dun xeito divertido.
Que alegría nos deron... ¡A por moitas máis! 🇪🇸🙌
#CentrosFrama#BenestarSenior#Fútbol
☀️💧 Coas altas temperaturas destes días, en Centros Frama apostamos por bebidas frescas e saborosas para manter unha boa hidratación 🍋🍏
Unha forma sinxela e apetecible de coidarse, refrescarse e compartir bos momentos xuntos 😊
#CentrosFrama#BenestarSenior#Hidratación
☀️🌊 En Centros Frama aproveitamos os días de sol para desfrutar dunha das nosas grandes vantaxes: a ubicación privilexiada no Paseo Marítimo da Coruña.
Pasear, respirar aire fresco e gozar do mar en boa compañía tamén é benestar 💙
#CentrosFrama#BenestarSenior#ACoruña
💙⚪ Grazas, Dépor, por estas semanas de ilusión.
Vivimos o ascenso con emoción, esperanza e moito sentimento branquiazul 🙌
Momentos que gardaremos con cariño e que compartimos xuntos ata o final 💫
#CentrosFrama#RCDeportivo#DéporAPrimeira#BenestarSenior
💙⚪ O Dépor xa é de Primeira!
En Centros Frama celebrámolo cun sorteo de pins e chaveiros cheo de emoción e orgullo deportivista 😊
#CentrosFrama#RCDeportivo#DéporAPrimeira
📚✍️ En Centros Frama celebramos o Día das Letras Galegas practicando a escritura na nosa lingua 💙
Falámolo cada día, pero escribilo xa é outro reto 😉
Entre palabras e lembranzas seguimos aprendendo mentres mantemos vivo o galego.
#CentrosFrama#DíaDasLetrasGalegas
☀️ Xa arrancaron as nosas sesións vermú en Centros Frama! 🎶
Coa música de Rober Pier, as mañás énchense de baile, cancións de sempre e moitas ganas de desfrutar 💃
Porque hai momentos que nunca pasan de moda 💛
#CentrosFrama#SesiónVermú#EnvellecementoActivo#BenestarSenior
💛 Día da Nai en Centros Frama
Preparamos debuxos personalizados moi especiais: cada usuaria xunto a unha amiga, coa Torre de Hércules como testemuña 🌊
Un recordo cheo de agarimo, amizade e momentos compartidos 💫
#CentrosFrama#DíaDaNai#BenestarSenior
📚✨ En Centros Frama celebramos o Día do Libro
Actividades para achegar a lectura ao día a día, adaptándonos a cada persoa 💛
Compartimos momentos, estimulamos a memoria e gozamos da compañía.
Porque ler tamén é sentir 📖
#CentrosFrama#DíaDoLibro#BenestarSenior
Vivindo O Gran Camiño moi de preto, en primeira fila 🚴♂️👏
No Centro de Día Frama gozamos dunha tarde diferente vendo a contrarreloxo e todo o despregue do evento.
Aplausos, emoción e moito ambiente 💛
#CentrosFrama#EnvellecementoActivo#OGranCamiño